Tan Yunxian: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 1461 mediante HotCat
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Tan Yunxian''', nada en 1461 e finada en 1554, foi unha médica durante a [[Dinastía Ming]] en [[República Popular da China|China]].
 
==Traxectoria==
A avoa de Tan era a filla dun médico. Unha  razón de que o avó de Tan casara coa súa avoa foi para aprender medicina. Dous dos fillos dos seus avós foron capaces de pasar os exames ''jinshi'', e convertéronse en oficiais. Un destes fillos foi o pai de Tan. Debido ó cariño que os seus avós tiñan por ela, pasáronlle os seus coñecementos médicos. Tan Yunxian casou máis tarde, criou catro nenos, e practicou a medicina en mulleres. Tan tivo unha vida máis longa que a maioría, morrendo á idade de 93.<ref>Ebrey, Patricia B., Walthall Anne and Palais, James B. Pre-Modern East Asia: To 1800 (Boston, MA: Houghton Mifflin Company, 2006) 279.</ref>
 
== Experiencia médica ==
A práctica médica de Tan concentrouse no tratamento das mulleres. Inicialmente empezou tratando ós seus propios nenos, coa orientación da súa avoa para confirmar os seus diagnósticos. Os rexistros do libro de Tan mostran os casos de trinta e un dos pacientes que tratou. As mulleres coas que traballaba normalmente tiñan enfermidades crónicas, máis que enfermidades temporais. Na época da China Ming, moitas das mulleres tiñan “enfermidades de mulleres,” como irregularidades menstruais, abortos repetidos, infertilidade e fatiga postparto. Outros pacientes tiveron enfermidades que calquera sexo podía contraer, como tose, insomnio, erupcións, inflamacións, diarrea ou náuseas.