Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
 
== Traxectoria ==
Era fillo e sucesor de [[Filipe III de España|Filipe III]] e da arquiduquesa [[Margarida de Austria]]. Compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con [[valido]]s, entre os que destacaría [[Gaspar Guzmán Pimentel|Gaspar de Guzmán, Condeconde-Duqueduque de Olivares]], que tentou realizar unha política exterior que buscaba manter a hexemonía española en [[Europa]]. Tamén destaca o seu segundo valido, [[Luis Méndez de Haro]], sobriño de Olivares.
 
== Nupcias e descendentes ==
[[Ficheiro:Filipe4-de-España-marb.jpg|miniatura|dereita|200px|Estatua do rei que se atopa no Vaticano.]]
 
Casou o [[25 de novembro]] de [[1615]] en [[Bordeos]] coa princesa [[Isabel de Francia]], filla do rei [[Henrique IV de Francia]] e de [[María de Médici]], filla do Grangran Duqueduque de Toscana, Francisco I. Desta unión naceron:
 
* a SAR a infanta María Margarita de España, nada en [[1621]] en [[Madrid]] e morta no mesmo ano na capital.
* [[Xoán Xosé de Austria]] ([[1629]]-[[1679]]), [[gobernador dos Países Baixos]] e [[vicerrei]] de [[Cataluña]].
 
== Valimento do Condeconde-Duqueduque de Olivares ==
=== Reformas internas ===
Obxectivo prioritario do seu mandato sería restaurar o poder da [[Coroa de Castela|coroa]], que sufrira unha diminución considerábel no reinado anterior. Delegou as atribucións de goberno no poderoso Condeconde-Duqueduque de Olivares ([[1621]]-[[1643]]), coa fin de realizar un ambicioso proxecto de [[reforma]], que afectaba á maior parte das institucións. A súa primeira tarefa centraríase na [[Facenda]], tentando recuperar as rendas perdidas: control sobre o gasto público, ordenación e estruturación do sistema impositivo etc. No ámbito económico xeral, tentouse importar o modelo [[Mercantilismo|mercantilista]] holandés e apresentouse o proxecto da "''Unión de Armas"'', coa finalidade de ordenar e canalizar os recursos provenientes dos territorios periféricos, necesarios para manter un [[exército]] potente, que puidese afrontar os [[conflitos armados]] abertos e máis, de paso, estabelecer a periodicidade e a seguranza das entregas para a Facenda real. O proxecto de reformas completaríase con medidas moralizantes, propostas pola ''Xunta de Reforma'', entre [[1618]] e [[1622]].
 
En [[1624]] a ideoloxía reformadora plasmouse no ''Gran Memorial'', destacando, como grandes líñas de actuación, a consecución dunha [[monarquía]] de talante administrativo, dominada pola eficacia e a racionalización das accións de [[goberno]], encamiñadas cara o cumprimento de obxectivos e con criterios puramente executivos.
 
Porén, diversos problemas farían fracasar o proxecto reformador. A cantidade decrecente do [[ouro]] americano que chega ao porto de [[Sevilla]] entre [[1619]] e [[1621]], a oposición das [[Cortes de Castela]] a cambios nos impostos, a oposición dos países contra a ''Unión de Armas'' e o enfrontamento dos consellos con o Condeconde-Duqueduque e as súas xuntas. Todo coincidíu para que se declarase a primeira [[quebra]] da [[monarquía]] en [[1627]], logo de conseguir dúas grandes vitorias militares en [[1625]] ([[Baiía]] e [[Breda]]). Ademais, a intervención en [[Bohemia]] en [[1618]] e o fracaso na renovación da tregua de [[Antuerpen]] en 1621 viciaron a [[política]] exterior, provocando un crebadeiro de cabeza para o goberno de Olivares.
 
A situación foise convertendo de dramática en desastrosa. A pesar do beneficio que, en primera instancia supora a [[quebra]] ao contribuír a enxugar o [[Déficit orzamentario|déficit]], os feitos posteriores resultarían nefastos. Así, entre 1621 e [[1626]] procedeuse a cuñar moeda de "vellón" en exceso; a carísima intervención en [[Mantua]] foi seguida das derrotas de Matanzas ([[1628]]), Hertogenbosch ([[1629]]) e [[Pernambuco]] ([[1630]]). As medidas tomada empeoraron a situación: a abolició dos millóns por parte de Filipe IV, e o aumento excesivo do [[monopolio]] do [[cloruro de sodio|sal]] en [[1631]] provocaron a rebelión de [[Biscaia]] (1631-1634). Os proxectos de reforma quedaron definitivamente arrombados, instalada a monarquía nun esforzo bélico que implicaba todos os territorios e que consumía os escasos recursos da Facenda.
 
=== Conflito con Cataluña ===
O conflito entre o Condeconde-Duqueduque e [[Cataluña]] comezou coa negación das [[Cortes Catalás]] a colaborar coa [[Unión de Armas]] que aquel propoñera en [[1626]]. A guerra contra [[Francia]] dificultou aínda máis o entendemento entre a [[Generalitat de Cataluña]] e o [[Consell de Cent]] co Estado.
 
As tropas castelás e italianas que entraran en Cataluña para combateren os franceses no [[Rosellón]] causaron grandes danos nas zonas rurais, mesmo actuando en determinados momentos como un exército de ocupación. En sinal de protesta, o [[7 de xuño]] de [[1640]] os campesiños cataláns, que estaban en [[Barcelona]] para celebrar a festa do [[Corpus]], ocuparon a cidade, matando o [[vicerrei]]: foi o que se denominou o [[Corpus de Sangue]]. A Generalitat uníuse ao bando rebelde, perante o cal o valido actuaría con toda a forza. A Generalitat proclamou a [[República Catalana]] e doou o [[condado de Barcelona]] ao [[rei]] [[Luís XIII de Francia]]. Deste xeito iniciouse a '''[[Guerraguerra dos Segadores]]''' (en catalán ''Guerra dels Segadors'').
 
=== Conflito con Portugal ===
O retorno das hostilidades nas [[Províncias Unidas]] en [[1640]] repercutiu nas colonias portuguesas de [[Asia]] e [[Brasil]]. En [[decembro]] dese mesmo ano unha conspiración, encabezada pola [[nobreza]], proclamou [[rei de Portugal]] ao [[duque de Bragança|duque de Braganza]], co nome de [[Xoán IV de Portugal]], que asinou a paz cos holandeses e obtivo apoio de ingleses e franceses. Obrigado o Condeconde-Duqueduque a combater en moitas frontes, tan só logrou reunir un exército moi feble, que foi derrotado en [[Elvas]].
 
== Ascenso de Luis Méndez de Haro ==
 
=== Revoltas internas ===
Os conflitos abertos en [[Cataluña]] e [[Portugal]] continuaban, uníndose a estes o de [[Aragón]]. Méndez de Haro logrou, en [[1652]], finalizar a [[Guerraguerra dos Segadores]], logo de 15 meses de asedio sobre [[Barcelona]], entrando o mesmo rei na cidade.
 
A presión fiscal, a falta de alimentos, o descontentamento pola alteración da moeda e as levas militares crearan malestar en diversas zonas como no [[Reino de Nápoles]] e en [[Reino de Sicilia|Sicilia]] no [[1647]], na [[Reino de Castela|Coroa de Castela]] entre [[1647]]-[[1652]] e entre [[1655]]-[[1657]].
 
=== Política exterior ===
Os terzos casteláns serían vencidos na [[Batallabatalla de Rocroi]] en [[1643]], ante o cal Méndez de Haro decidiu mudar de estratexia. Polo [[Tratado de Westfalia]] recoñeceuse a independencia das [[Provincias Unidas]] e a conservación de [[Flandres]].
 
A guerra con [[Francia]], porén, continuou a causa do problema formulado polo dominio do [[Franco Condado]] e o [[Rosellón]]. Grazas á guerra interna en Francia, os casteláns conseguiron derrotar os franceses en [[Valenciennes]] en [[1656]]. [[Inglaterra]] e a propia Francia pactaron no ano seguinte repartirse Flandres, iniciándose unha nova fronte de guerra. A inviabilidade da guerra conduciu a asinar un acordo co país galo por medio da [[Paz de Munster]] de [[1648]] e máis o [[Tratado dos Pireneos]] de [[1659]]. Este último significou a definitiva perda do [[Rosellón]] e de parte da [[Cerdaña]], así mesmo cedeuse o [[Artois]], territorios todos que pasaron a mans francesas. Tamén foi pactado o matrimonio da infanta [[María Teresa de España (raíña de Francia)|María Teresa de España]] co rei [[Luís XIV de Francia]], a que se lle forneceu un dote de 500.000 escudos.
 
=== Independencia de Portugal ===
En [[1665]] [[Afonso VI de Portugal]] obtivo unha grande vitoria na [[Batallabatalla de Villaviciosa]] contra as tropas do rei español, pondo fin así ás pretensións deste de tentar unir de novo a Coroa portuguesa aos dominios dos Austrias casteláns.
 
== Século de Ouro ==
 
== Morte e sucesión ==
O rei faleceu o [[17 de setembro]] de [[1665]] en Madrid, sendo inhumado no [[Mosteiromosteiro do Escorial]], deixando unha monarquía en profunda recesión e crise e coa autoridade real fortemente cuestionada por [[nobreza|nobres]], [[cidade]]s e [[Monarquía|reinos]].
 
Por morte temperá do seu fillo [[Baltasar Carlos de España]], será sucedido polo seu fillo menor [[Carlos II de España]], que foi o derradeiro rei da [[Casa dos Austria|Dinastíadinastía dos Austrias]] españois.
 
== Notas ==
10.308

edicións