Exeria (escritora): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎A Obra: Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:EtheriaCover.jpg|miniatura|dereita|200px|Portada do libro ''The Pilgrimage of Etheria'', nunha tradución de 1919 por M. L. McClure e C. L.]]
[[Ficheiro:Templo de Luxor.jpg|miniatura|dereita|240px|Templo de [[Luxor]], porta de entrada: estatuas sedentes de [[Ramsés II]], na antiga [[Tebas, Exipto|Tebas]], tamén visitada por Exeria.]]
[[Ficheiro:Near east lrg.jpg|miniatura|dereita|200px|[[Oriente Próximo]], obxecto das súas viaxes.]]
'''Exeria''', coñecida tamén como '''Egeria''', '''Echeria''' e '''Eteria''', foi unha muller da [[Idade Antiga]] coñecida pola súa obra ''[[Itinerarium Egeriae]]'', na que narra unha viaxe a [[Terra Santa]]. Todo parece indicar que naceu na [[Gallaecia]], ''«nas ribeiras máis afastadas do océano occidental»'', segundo documentos do [[século IV]], aínda que como se perdeu a primeira parte da súa obra non son poucos os autores que sitúan a súa terra de orixe na [[Aquitania]] francesa.
 
Liña 16:
 
== A Obra ==
[[Ficheiro:Jerusalem Dome of the rock BW 13.JPG|300px|miniatura|esquerda|[[Xerusalén]], un dos moitos lugares visitados por Exeria.]]
En [[1884]] o ''[[Codex Aretinus]]'' foi atopado por [[Gian Francesco Gamurrini]] na Biblioteca da Cofraría de Santa María de Laicos (Biblioteca Della Confraternitá dei Laici) en [[Arezzo]] ([[Toscana]]). Este manuscrito latino, escrito en letra beneventana, composto de 37 pregos divididos en dúas partes, é copia dun documento redactado contra finais do [[século XI]], no que na segunda parte consérvase a metade do texto feito por unha muller da que xa tiñamos noticias do ano [[680]] polo monxe [[Valerio do Bierzo]], que coñeceu os seus méritos. Este fora redactado no [[mosteiro de Montecassino]], e trasladado a Arezzo por Ambrosio Restellini, abade de Montecassino desde o ano [[1599]] ao [[1602]]. Na actualidade o manuscrito consérvase no museo da cidade de Arezzo.
 
Gamurrini atribuíu o relato a [[Silvia de Aquitania]], irmá de [[Rufino de Aquitania]], mencionada por [[Paladio]] na súa ''[[Historia Lausíaca]]'', de quen se coñecía unha peregrinación similar á relatada por Constantinopla, Exipto e Xerusalén. Durante case vinte anos consolidouse a hipótese de Silvia, ou Silvina como autora do texto, ata que no ano [[1903]] [[Mario Ferotín]] publica un estudo na ''Revista de Cuestiones Históricas'' atribuíndo o mesmo á virxe hispana Egeria. Existe outra referencia que permite encher algunhas das lagoas dos primeiros folios ausentes do manuscrito: o ''[[Liber de locis sanctis]]'' de [[Pedro Diácono]], quen tamén menciona á peregrina galega.
 
[[Ficheiro:Roman Empire Map.png|miniatura|esquerda|350px|Grazas á ''[[Pax romana]]'' unha cidadá do imperio podía viaxar desde Gallaecia até Mesopotamia. Isto sucedía entre os anos 381 a 384.]]
A obra, coñecida como ''[[Itinerarium Egeriae]]'', chegou ata nós incompleta -falta a primeira parte, co título, e a última- e foi escrita en [[Constantinopla]]. Considerada unha obra clave para coñecer o [[latín vulgar]] que se falaba na época e que a mais ofrece unha valiosísima información sobre a sociedade e a liturxia do momento, o ''Itinerarium ou Peregrinatio ad loca sancta'' recolle a viaxe desde as nosas terras a [[Constantinopla]] e [[Xerusalén]], á [[Capadocia]] e á Tebaida no Alto [[Exipto]], as praias do [[mar Vermello]] e as caeiras do [[Sinaí]]. Os monxes dos lugares que visitou recibírona como unha celebridade da época e as autoridades expedíanlle salvocondutos para salvagardar a súa seguridade.