Georgii Plekhanov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 8:
Plekhanov foi un dos organizadores das primeiras protestas políticas en Rusia. Tras un virulento discurso en [[Kazán]] en 1876 contra a autocracia tsarista e en defensa das ideas de [[Chernyshevsky]], pasou á clandestinidade. Tras ser arrestado dúas veces, en 1880 exiliouse. Haberían de pasar 37 anos antes de regresar.
 
Plekhanov foi inicialmente un ''[[narodnik]]'', dirixente do grupo [[Terra e Liberdade]], que no exilio entrou en contacto co movemento socialdemócrata de Europa occidental e acometeu o estudo das obras de [[Karl Marx|Marx]] e [[Engels]]. Tras iso rompeu co populismo ruso e converteuse en marxista. En 1883, en Suíza, fundou xunto con Beira[[Vera ZasúlichZasulich]] e León[[Lev Deutsch]] o grupo[[Grupo Emancipación do Traballo]], que se encargou de propagar o marxismo entre os revolucionarios rusos. Trala súa disolución uniuse ó [[Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso]] e colaborou con [[Lenin]].
 
Tralo II Congreso do partido socialdemócrata ruso de 1903, Plekhanov rompeu con Lenin situándose cos [[menxevique]]s. Durante a [[I Guerra Mundial]] adoptou unha actitude patriótica, oposta ó internacionalismo proletario dos [[bolxevique]]s, que buscaba a derrota de Alemaña. Lenin acusouno de [[social-chovinista]] na súa [[Tese de abril]]. De Plekhanov díxose que acusaba a Lenin de buscar unha guerra civil no movemento socialista ó apoiar a creación dunha nova Internacional trala conferencia de Zimmerwald de 1915 e da consecuente disolución da [[II Internacional]] en 1916.
Liña 16:
Plekhanov retornou a Rusia trala [[Revolución de Febreiro]] e organizou [[Yedinstvo]] aínda que tivo que exiliarse outra vez trala [[Revolución de Outubro]] por mor da súa hostilidade cos bolxeviques. Faleceu de [[tuberculose]] en Terijoki, Finlandia (hoxe en día un [[suburbio]] de [[San Petersburgo]], Rusia, chamado [[Zelenogorsk]]) e foi enterrado no cemiterio de Volkovo xunto ás tumbas de Belinsky e Dobrolyubov. A pesar das súas discrepancias con Lenin, os comunistas soviéticos glosaron a súa memoria e deron o seu nome á Academia de Economía.
 
Nas súas actividades políticas adoptou o nome de guerra de ''[[Volgin]]'', polo [[río Volga]]. Algúns comentaron que o seu pseudónimo influíu ó famoso revolucionario Vladímir Ilich Uliánov que adoptou o nome de ''[[Lenin]]''.
 
== Obra ==