Conversa:Gonzalo Sánchez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "== Gonzalo Sánchez == Non teño nada claro que este persoeiro desenvolvese as actividades que se describen no artigo. Para comezar, dubido da súa existencia como tal. Nas fonte..."
 
 
Liña 2:
 
Non teño nada claro que este persoeiro desenvolvese as actividades que se describen no artigo. Para comezar, dubido da súa existencia como tal. Nas fontes non queda claro que Gonzalo foi o que se rebelou (e logo asasinou) a Sancho o Craso. Nese momento había outros nobres galegos de primeira orde chamados Gonzalo, entre os cales cómpre salientar a Gonzalo Méndez, Conde de Portugal, e a Gonzalo Muñoz, Conde de Coímbra. Por outra banda, a Historia Legionensis cita a quen destruíu a frota de Gunderedo como "Guillelmus Sancionis", é dicir, Guillerme Sánchez, e non Gonzalo Sánchez. O patronímico Sánchez non é tan frecuente na nobreza galega da época, atopándose poucos Sanchos na xeración anterior, se exceptuamos ó rei Sancho Ordóñez, do que o mencionado conde puido ser fillo. Pero a explicación máis doada, e quizais a máis acertada sería pensar que quen derrotou ós vikingos fose Guillerme II Sánchez, conde ou duque da Gascuña nese momento, quen ten relación coa derrota de varias expedicións do mesmo tipo no seu país. Incluso hai unha referencia a un mito relacionado co do Santiago Matamouros (neste caso San Severo "Matanormandos") que se lle aparecería a dito nobre durante unha batalla cos vikingos, o que recolle Juan Francisco de Masdeu na súa ''Historia crítica de España y de la cultura española'' (Tomo XIII, Libro II, p. 391). En León existe tamén o mito do conde Guillerme González, que tería resistido o asedio de Almanzor á cidade e morto en torno ó ano 987. Pode que se xerase algunha confusión en torno ós tres nomes (Guillerme González, Guillerme Sánchez e Gonzalo Sánchez) xunto co dos dous condes galegos antes mencionados (Gonzalo Méndez e Gonzalo Muñoz). Ademais disto, o nome de Guillerme era pouco frecuente na nobreza galaica dese tempo, e sí moi frecuente na nobreza aquitana, gascona, normanda e doutros países do actual occidente francés.
 
PS: Ben, comprobei que, efectivamente, noutras crónicas hai referencias ao tal Gonzalo Sánchez, en lugar de Guillerme Sánchez. De todos os xeitos, sería interesante referencialo e amosar tamén a outra versión.
 
Un saúdo. [[Usuario:Vímara Peres|Vímara Peres]] ([[Conversa usuario:Vímara Peres|conversa]]) 9 de febreiro de 2017 ás 02:23 (UTC)
Volver á páxina "Gonzalo Sánchez".