Abrir o menú principal

Cambios

m
 
===Primeira ondada de grupos===
A comezos da década dos anos 1980 comezaron a circular [[álbum compilatorio|álbums compilatorios]] que incluían temas dos grupos do movemento nacente, publicados por [[Neat Records]], Heavy Metal Records e Ebony Records, compañías que se converterían e líderes do mercado das discográficas independentes do heavy metal durante os anos 1980.<ref name="Roland1984">{{cita publicación periódica|title=The State of Independents |journal=Extra Kerrang! |year=1984 |last=Roland |first=Paul |issue=1 |pages=23, 24, 26, 46 }}</ref>{{sfn|Tucker|2006|pp=95–102}}{{sfn|Waksman|2009|pp=186–189}}</ref> A difusión por medio das listas de Neal Kay, a atención de ''Sounds'' e as múltiples compilacións publicadas polas discográficas independentes fixeron que os novos grupos centrasen os seus esforzos na produción de demos e sinxelos.{{Sfn|Tucker|2006|pp=81–88}} ''[[The Soundhouse Tapes]]'' de [[Iron Maiden]] é unha das coleccións máis coñecidas destas demos.{{Sfn|Christe|2004|p=34}} En palabras do propio Barton: "Había centos destes grupos. Quizais incluso miles. Non pasaba un día sen que chegase unha rolada de novos sinxelos NWOBHM á oficina de ''Sounds''".<ref name="Mitchell2014"/>
 
[[Tommy Vance]], locutor da [[BBC]], percatouse do fenómeno e comezou a emitir sinxelos dos novos grupos de heavy metal no seu programa nocturno ''[[Friday Rock Show]]'' na [[BBC Radio 1]].{{Sfn|Mitchell|2014}} Xunto coa emisión de John Peel,<ref name="Mitchell2014"/>{{sfn|Fricke|1987|pp=33–35}} o programa de Vance era o único programa de radio corporativa que incluía cancións de grupos de heavy metal, moitos deles invitados a tocar en directo nos estudios da BBC baixo a supervisión do produtor Tony Wilson.{{Sfn|Tucker|2006|pp=55–56}} [[Alice's Restaurant Rock Radio]], unha [[radio pirata|estación de radio FM pirata]] de Londres,<ref>{{cite web |url=http://www.amfm.org.uk/pirates/alices-restaurant.html |title=Alice's Restaurant |publisher=AMFM |accessdate=3 de maio de 2015 }}</ref> abogou tamén polos novos grupos na radio e coa súa propia xira de actuacións en pubs e clubs de rock.<ref>{{cite web|url=http://arfm.co.uk/index.php/presenters?view=employee&id=4 |title=Colin Noble: ARfm – Our Presenters – Unsigned Show / Sunday Morning Show |last=Noble |first=Colin |publisher=ARfm |accessdate=3 de maio de 2015}}</ref>