Diferenzas entre revisións de «Napoleón I de Francia»

m
m (arreglo ligazóns)
En 1805, creouse a terceira coalición internacional, que declarou a guerra a Napoleón. Ao non conseguir o control dos mares, Napoleón abandona a idea de invadir Gran Bretaña e organiza unha fulgurante marcha cara a Austria. A principios de outubro os xenerais [[Murat]] e [[Soult]] vencen a un sorprendido exército austríaco en Donauworth e cruzan o Danubio. Tras a vitoria de Elchingen, Napoleón atrapou ao exército austríaco en [[Ulm]]. Caeron 50.000 prisioneiros e tomou Viena. Nun alarde estratéxico espectacular e nun falso intento de retirada envolveu e esmagou o groso do exército austríaco e ruso en [[Austerlitz]] e deixou fóra de xogo as tropas prusianas. Malia a súa inferioridade numérica, os franceses perderon só 8.000 homes fronte aos 35.000 aliados.
 
Austria aceptou unha rendición humillante: asinou o [[Tratado de PesburgoPresburgo]] (2025 de decembro de 1805), e cedeu Venecia, Dalmacia e o Tirol e Lindau. [[Prusia]] e [[Austria]] recoñeceron a [[Confederación do Rin]], na que Napoleón experimentou un primeiro ensaio de unidade dos principados alemáns, todos eles submisos ao seu poderío. Secularizou os principados eclesiásticos e xerou un contrapoder de pequenos estados alemáns fronte a Prusia. O 6 de agosto de 1806, [[Francisco II de Austria]] foi obrigado a renunciar á coroa imperial, chegando así á súa fin a milenaria historia do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
O poderío en Europa central era total, pero a derrotas da frota franco-española a mans de Robert Calder na [[terceira batalla do cabo Fisterra]] e de Nelson en [[Batalla de Trafalgar|Trafalgar]], consolidaron o dominio británico dos mares. Abandonada a idea de invadir Inglaterra, ordenou o bloqueo continental co fin de atafegala comercialmente.
 
En 1806 un ultimato de Prusia, Rusia e Saxonia esixiu a retirada das tropas francesas da beira dereita do Rin e a desaparición da Confederación do mesmo nome; erguíase a cuarta coalición. Un primeiro choque acabou coa vida do príncipe Luis Fernando en [[Saafeld]]. Napoleón venceu en [[Jena|Iena]] e [[Auerstadt]] e entrou en [[Berlín]]. Perseguiu as tropas prusianas, que foron aniquiladas en Prenzlau, Lübeck, Ratkau e Magdebourg. En pouco máis dun mes de campaña as forzas xermanas comandadas por Blücher e o príncipe de Hohenlohe quedaron reducidas á nada.
 
Rusia seguía coas espadas en alto. Napoleón avanzou ao seu encontro cruzando [[Polonia]] como un liberador. En maio de 1807, caía a estratéxica [[Dantzig]], o que supuxo a rendición dun exército aliado de 11.000 homes e a fin da ameaza para a á esquerda da invasión francesa.
 
=== Napoleón en España ===
O [[19 de agosto]] de [[1808]] o xeneral francés [[Pierre Dupont de l'Étang|Dupont]] sufriu unha tremenda derrota na [[batalla de Bailén]]: 18.000 soldados franceses rendéronse perante o xeneral [[Francisco Javier Castaños|Castaños]]. Arthur Wallesley (futuro duque de [[Wellington]]) fíxose con [[Portugal]] e as tropas francesas batéronse en retirada.
 
Ante o desastre español, Napoleón púxose persoalmente á fronte de exército o 30 de agosto de 1808. En dous meses, tras derrotar as forzas españolas en Gamonal, Espinosa e Tudela, e acadar unha vitoria na [[batalla de Somosierra]], rendeu [[Madrid]]. Quedando abolidas en España a Inquisición e os privilexios feudais, creouse un mercado único e restableceuse a Constitución de Baiona. Napoleón avanzou ata o noroeste; dividindo ás forzas británicas: Wallesley fuxiu a Lisboa; Sir [[John Moore]] escapou a marchas forzadas ata [[A Coruña]]. Cando estaba a piques de alcanzalo, Napoleón tivo que volver a Francia debido ao levantamento de Austria. Poucos días despois Moore caeu na [[batalla de Elviña]].
Austria viuse obrigada a asinar a Paz de Schönbrunn, na que perdeu gran parte do seu territorio a prol de Baviera, o Gran Ducado de Varsovia, Francia e Rusia, amais de renunciar a toda saída ao mar. Austria foi de novo humillada, pero Europa comprobou que Napoleón non é invencible.
 
Napoleón buscou selar unha alianza perpetua cos Habsburgo, e o [[1 de abril]] de [[1810]] casou coa arquiduquesa de Austria María Luisa, filla de [[Francisco II]]. Vencellábanse así as monarquías máis nova e máis vella de Europa. O herdeiro que Napoleón buscaba naceu o [[20 de marzo]] de [[1811]]. Outorgaríaselle o título de [[Rei de Roma]]. Con [[MassenaAndré Masséna|Masséna]] controlando a axitada España, toda Europa volvía estar aos pés do Imperio francés.
 
=== Campaña de Rusia ===
[[Ficheiro:Tumb of Napoleon Bonaparte.jpg|miniatura|dereita|Tumba de Napoleón Bonaparte.]]
 
A restauración borbónica con [[Luís XVIII]] provocou un enorme descontento. Napoleón retornou en marzo de 1815. As tropas enviadas para detelo puxéronse ás súas ordes e foi aclamado en París. Fixo unha oferta de paz ás potencias europeas, mais non foi atendida. Os aliados organizaron un dobre ataque. Blucher entrou en [[Bélxica]] e foi derrotado por Napoleón en [[Ligny]]. Wellington, que avanzaba polo sur, recibiu durísimos ataques en [[Batalla de Waterloo|Waterloo]]. A falta de iniciativa do xeneral francés Grouchy permitiu que Blücher acudise en auxilio de Wellington e as tropas napoleónicas foron finalmente derrotadas (xuño 1815).
 
As monarquías absolutas pretenderon recompoñer Europa no [[Congreso de Viena]] pero os seus pobos cambiaron para sempre. Napoleón foi desterrado á illa de Santa Helena, no sur do océano Atlántico, onde morreu en 1821.
2.683

edicións