Napoleón I de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nicole (conversa | contribucións)
m arreglo ligazóns
Liña 32:
Procedente dunha familia da baixa nobreza de [[Córsega]], o seu acento foi branco das burlas dos seus compañeiros de escola en Francia, onde desenvolveu un carácter adusto e decidido. Foi alumno da Escola Militar de [[Brienne]] e de [[París]].
 
Trala [[Revolución Francesa]] Napoleón apoiou os revolucionarios, e en [[1791]] comprometeuse baixo xuramento na defensa do novo réxime. En [[1792]] retornou a Córsega onde participou na axitación nacionalista e revolucionaria na illa, ata a súa ruptura con [[PascualPasquale Paoli]]. Foi subindo rapidamente de rango militar ata se converter en xeneral, tras destacar no asedio de Tolón ([[1793]]).
 
Foi detido por xacobino, pero posteriormente recibiu o encargo de reprimir o levantamento monárquico de París ([[5 de outubro]] de [[1795]]; 13 de vendimario). O [[9 de marzo]] de 1796, contraeu matrimonio civil con [[Xosefina de Beauharnais|Joséphine de Beauharnais]] viúva dun xeneral da República e nai de dous fillos.
 
=== Vitorias en Italia ===
Nomeado polo [[Directorio (Francia)|Directorio]] comandante en xefe do exército de [[Italia]] en 1796, esmagou os sardos en [[Mondovi]] e derrotou os austríacos en [[Lodi]], [[Rívoli]] e [[Arcole]]. Un transformado exército francés tomou [[Milán]] e [[Mantua]], cruzou os [[Alpes]] e puxo en xaque [[Viena]].
 
Napoleón atopou unhas tropas mal alimentadas, deficientemente equipadas e absolutamente desorganizadas. En pouco tempo converteunas no exército máis dinámico e eficaz do momento, malia a súa inferioridade numérica (tan só 37.600 homes realmente dispoñibles). A rapidez de movementos e a súa flexibilidade, a capacidade de concentrar forzas no momento e localización máis axeitadas deixaban constancia do seu xenio militar.
Liña 59:
[[Ficheiro:Jacques-Louis_David_007.jpg|miniatura|''Napoleón cruzando os Alpes'', obra de Jacques-Louis David.]]
 
Cando Napoleón chegou de Exipto lanzou unha dura invectiva contra o Directorio: ''Que fixestes da Francia que eu vos deixei puxante?''. Coa revolución estancada nunha dura crise e exhausta despois de duras represións e conflitos, o sentir popular buscaba un cambio enérxico. O 10 de novembro de 1799 (18 e Brumario, ano VII) Napoleón derrubou o Directorio e disolveu o Consello dos Cincocentos coa axuda do Presidente da Asemblea, o seu irmán Luciano: a toma do Poder estaba consumada. Constituíu un triunvirato de cónsules con el á cabeza. Os outros dous cónsules serán provisionalmente [[Emmanuel Joseph Sieyès]] e [[Roger Ducos]]. [[Joseph Fouché|Fouché]] como xefe de orde pública e [[Charles Maurice de Talleyrand|Talleyrand]] en Asuntos Exteriores serán, non obstante, os persoeiros fundamentais do novo réxime.
 
Finalmente, ademais do propio Bonaparte, os outros dous cónsules definitivos serán [[Jean-Jacques-Régis de Cambecérès|Cambecérès]], un prestixioso xurista que votara a prol da execución do rei, e [[Charles-François Lebrun|Lebrun]] experto en finanzas e un antigo monárquico reformista acomodaticio cos novos tempos. Napoleón instalouse nas [[Tullerías]] e iniciou un traballo frenético en tódolos terreos.
 
O primeiro desafío era conter o avance de austríacos e rusos que expulsaran o exército francés de Italia. Decontado Napoleón ofertou a paz a [[Austria]] e a [[Inglaterra]]. Rexeitada esta, tomou o mando das tropas en Italia, cruzou os Alpes e en menos dun mes chegou a [[Milán]], e logrou manobrar sobre a retagarda dos austríacos. Procurou atraer o groso do exército inimigo e asestarlle un golpe decisivo. Este tivo lugar coa vitoria de [[Marengo]] ([[14 de xuño]] de [[1800]]). Austria resignouse a volver á situación da paz de Campoformio.
Liña 70:
 
=== Goberno ===
Elaborouse unha Constitución redactada por [[Emmanuel Joseph Sieyès|Sieyes]]: O Senado elixía o primeiro Cónsul e os cónsules auxiliares. O primeiro Cónsul controlaba o exército e a administración. Consolidábase unha administración centralizada que dividía o territorio en departamentos dependentes directamente do poder executivo.
 
A Igrexa foi expulsada do ámbito educativo. A educación inculcaba á fidelidade ao novo réxime. O Papa Pío VII, asinou o [[Concordato de Roma|Concordato]] (1801) que evitaba a persecución aos eclesiásticos a cambio de lealdade ao Estado. En 1800 creouse o Banco de Francia, e en 1802 as cámaras de comercio. Un Tribunal de Contas fiscalizaba a xestión da Facenda Pública.
 
Comezaba unha importante mellora económica. A unidade de mercado favoreceu a produción agrícola e industrial. Incrementouse o consumo de viño e carne, o que era síntoma dunha mellora do poder adquisitivo da poboación. Industrias como a azucreira, a téxtil e a do ferro desenvolvéronse con rapidez. Subsidios, feiras e exposicións estatais contribuían ao novo dinamismo mercantil. Pulo importante foron tamén as grandes e innovadoras obras públicas: a ponte das Artes, a cúpula do mercado de graos, o porto de [[Cherburgo-Octeville|Cherburgo]] e [[Antuerpen]], novas redes de estradas de dimensión continental, o Arco de Triunfo e a columna da Praza de Vemdome, as pontes cos nomes das grandes vitorias etc.
 
No ámbito do dereito garantíanse as liberdades civís mediante a promulgación do [[Código Civil]], o [[Código Penal]], o [[Código de Comercio]] e o Código de Instrución Criminal. Pero as liberdades políticas foron afogadas pola [[censura]], a subordinación do poder xudicial e a hexemonía do aparello policial.