Antioxidante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
Aínda que os [[epidemioloxía|estudos epidemiolóxicos]] indican que a inxesta de alimentos ricos en antioxidantes diminúe o risco de certas enfermidades, estes non modifican a deterioración normal do avellentamento, nin fan que vivamos máis anos. Por outro lado, demostrouse que a suplementación a altas doses con preparados de antioxidantes incluso pode resultar prexudicial.
 
Cada vez existe máis información sobre os beneficios dos antioxidantes polo que se debe promocionar o seu consumo a través dos alimentos que os conteñen de xeito natural, pero aínda é cedo para saber se convén ou non a suplementación diaria, xa que polo momento se descoñece cales son as doses axeitadas. Con toda a información dispoñíbel, o máis aconsellable é levar a cabo unha alimentación variada e equilibrada como a [[dieta mediterránea]], na que non falten os vexetais, sen abusar por tanto na nosa dieta, nin dos suplementos nin dos alimentos enriquecidos en ditas sustanciassubstancias.
 
Algúns antioxidantes empréganse como aditivos [[conservante]]s nos alimentos.