Sublimación (física): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
Se collemos un sólido e o metemos nun recipiente pechado a unha temperatura inferior á temperatura de fusión parte de ese sólido pasará ó estado gasoso, ata que a presión do gas acade o valor correspondente a presión de vapor dese sólido a esa temperatura. Se a presión de vapor correspondente é moi elevada será relativamente elevada a fracción de sólido que pasa a gas, e esa fracción será maior canto maior sexa a temperatura xa que a maior temperatura maior presión de vapor. Se o recipiente está aberto e a presión de vapor do sólido a esa temperatura é elevada, o sólido sublima na súa totalidade. Unha porción de xeo seco, situado sobre unha mesa a temperatura ambiente desaparecerá ó cabo dun certo tempo. O mesmo lle ocorrería a uns cristais de iodo.
 
A purificación do [[iodo]], [[xofre]], [[naftaleno]] e [[ácido benzoico]], por exemplo, resultan viables por sublimación debido a que as presións de vapor destes sólidos teñen valores bastante elevados. Os olores característicos de moitas sustanciassubstancias sólidas, como as nomeadas, son debidos a que esas sustanciassubstancias teñen unha presión de vapor apreciable a temperatura ambiente.
 
O [[dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]] en estado sólido ten un aspecto similar ó xeo (auga sólida), pero dada a gran presión de vapor que presenta a temperatura ambiente sublima, e ó non pasar pola fase líquida permanece seco, de aí o nome de xeo seco. Se o aire ten unha humidade elevada, os vapores fríos de CO<sub>2</sub> que se desprenden fan que o vapor de auga se condense formando pequenas gotas de auga ou pequenos cristais de xeo que se manteñen en suspensión no aire adquirindo o espeto de [[néboa]], fenómeno que se aplica para preparar néboas artificiais en moitos espectáculos.