Lance Armstrong: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m probas AWB, replaced: amateur → afeccionado, typos fixed: este → leste (2), Este → Leste using AWB
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19:
|}
 
'''Lance Armstrong''', nado o [[18 de setembro]] de [[1971]] en [[Plano, Texas]], é un [[Ciclismo|ciclista]] norteamericano. É especialmente coñecido por, despois de ter superado un [[cancro]] de [[testículo]]s (diagnosticado en [[1996]]), ser o único ciclista do mundo en gañar 7 [[Tour de Francia|Tours de Francia]]. Conseguidos de xeito consecutivo, dende [[1999]] ata [[2005]], fóronlle retirados o [[22 de outubro]] de [[2012]] pola [[Unión Ciclista Internacional]] tralo informe da Axencia Antidopaxe dos Estados Unidos (USADA) por doparse e de subministrar sustanciassubstancias dopantes aos seus compañeiros de equipo.
 
Fóra do ciclismo, é coñecido tamén por ter creado a ''Fundación Lance Armstrong'' para apoio ós enfermos de cancro. Unha das iniciativas máis famosas desta fundación foron as pulseiras amarelas ''Livestrong'', coas que obtiveron decenas de millóns de dólares que destinaron á loita contra a enfermidade.
Liña 27:
Armstrong comezou a competir xa á idade de 14 anos como [[tríatlon|triatleta]], pero pronto fíxose evidente que o seu destino estaba no ciclismo. Con só 17 anos, foi invitado polo Equipo Ciclista Xuvenil dos EEUU, co que abandonou a súa cidade natal.
 
En [[1991]], Armstrong gañou o campionato afeccionado dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]; ó ano seguinte, fíxose profesional. Foi o último na súa primeira carreira ciclista, a [[Clásica de San Sebastián]]. Tan só un ano máis tarde, convertiuseconverteuse no campión do mundo en estrada en [[Oslo]] ([[Noruega]]).
 
Entre [[1993]] e [[1995]], Armstrong gañou varias etapas no Tour de Francia e varias carreiras de un só día. Pero [[1996]] foi un ano de verdadeiros fracasos para el, tanto no Tour coma nos [[Xogos Olímpicos]].