Contaminación do solo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-o deterioro +a deterioración )
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Lixo na rua.jpg|miniatura|250px|dereita|Lixo en Santiago de Compostela, Galicia.]]
A '''contaminación do solo''' é un proceso mediante o cal un solo pode degradarse ó acumularse nel substancias a niveis tan altos que repercuten negativamente no comportamento dos solos. As sustanciassubstancias, a estes niveis de concentración, vólvense tóxicas para os organismos do chan. Trátase pois, dunha degradación [[química]] que provoca a perda parcial ou total da produtividade do solo. A [[contaminación]] xeralmente aparece ó producirse unha ruptura de tanques de almacenamento subterráneo, aplicación de praguicidas, filtracións de recheos sanitarios ou de acumulación directa de produtos industriais. Os químicos máis comúns inclúen hidro-carbón de petróleo, solventes, pesticidas e outros metais pesados. A razón deste fenómeno está estreitamente relacionado co grao de industrialización e intensidade do uso de químicos. No que respecta á contaminación de solos o seu risco é primeiramente de saúde, de forma directa e ó entrar en contacto con fontes de auga potable. A delimitación das zonas contaminadas e a resultante limpeza desta son tarefas que consumen moito tempo e diñeiro, requirindo extensas habilidades de xeoloxía, hidrografía, química e modelos a computadora.
 
== Contaminación natural e contaminación humana ==
Liña 6:
Podemos distinguir entre [[contaminación natural]], frecuentemente endóxena, e [[contaminación humana]], sempre esóxeno.
 
Os fenómenos naturais poden ser causas de importantes contaminacións no solo. Logo é ben coñecido o feito de que un só ''volcán'' activo pode achegar maiores cantidades de sustanciassubstancias externas e contaminantes, como cinzas, metais pesados. H+ e SO4=, que varias centrais térmicas do carbón.
 
Pero as causas máis habituais de contaminación débense á actuación dos seres humanos, que ó desenvolverse sen a necesaria planificación producen un cambio negativo das propiedades do chan. Cando no solo depositamos de forma voluntaria ou accidental diversos produtos como [[papel]], [[vidro]], [[plástico]], [[materia orgánica]], [[materia fecal]], solventes, praguicidas, residuos perigosos ou sustanciassubstancias radioactivas etc. afectamos de maneira directa as características físicas, químicas, desencadeando innumerables efectos sobre seres vivos.
 
== Actores influentes na contaminación ==
Liña 23:
Por todo isto, o chan actúa como barreira protectora de outros medios máis sensibles, coma os hidrolóxicos e os biolóxicos. A maioría dos solos presentan unha elevada capacidade de depuración.
 
Un solo contaminado é aquel que superou a súa capacidade de amortecemento para unha ou varias sustanciassubstancias, e como consecuencia, pasa de actuar como un sistema protector a ser causa de problemas para o auga, a atmosfera, e os organismos. Ó mesmo tempo modifícanse os seus equilibrios bioxeoquímicos e aparecen cantidades anómalas de determinados compoñentes que orixinan modificacións importantes nas propiedades físicas, químicas e biolóxicas do solo.
 
=== Biodispoñibilidade ===
Liña 32:
 
=== Persistencia ===
Regularase o período de actividade da sustanciasubstancia e polo tanto é outra medida da súa perigosidade.
 
== Causas ==
Liña 42:
 
=== Contaminación ===
A contaminación dos solos prodúcese pola depositación de sustanciassubstancias químicas e [[lixo]]. As primeiras poden ser de tipo industrial ou domésticas, xa sexa a través de residuos líquidos, como as augas servidas das vivendas, ou pola contaminación atmosférica, debido ó material articulado que logo cae sobre o solo.
 
=== Compactación ===
Liña 70:
 
=== Lixo ===
A destrución e a deterioración do solo son moi frecuentes nas cidades e os seus arredores, pero se presentan en calquera parte onde se arroxe lixo ou sustanciassubstancias contaminantes ó solo, ó auga e ó aire. Cando amontoamos o lixo ó aire libre, esta permanece nun mesmo lugar durante moito tempo, parte do lixo orgánico (residuos de alimentos como cáscaras de froita, cachos de tortilla etc.) ferméntase, ademais de dar orixe ó mal cheiro e gases tóxicos, ó filtrarse a través do solo en especial cando este é permeable, (deixa pasar os líquidos), contamina con fungos, bacteria, e outros microorganismos patóxenos (produtores de enfermidades), no só ese solo, senón tamén as augas superficiais e as subterráneas que están en contacto con el, interrompendo os ciclos bioxeoquímicos e contaminando as cadeas alimenticias.
 
== Consecuencias ==
A presenza de contaminantes nun solo supón a existencia de potenciais '''efectos nocivos para o home, a fauna en xeral e a vexetación'''. Estes efectos tóxicos dependerán das características toxicolóxicas de cada contaminante e da concentración do mesmo. A enorme variedade de sustanciassubstancias contaminantes existentes implica un amplo espectro de afecciones toxicolóxicas. De forma xeral, a presenza de contaminantes no solo reflíctese de forma directa sobre a vexetación introducindo a súa degradación, a redución do número de especies presentes no solo, e máis frecuentemente a acumulación de contaminantes nas plantas, sen xerar danos notables nestas. No home, os efectos restrínxense á inxestión e contacto dérmico, que nalgúns casos desembocou en intoxicacións por metais pesados e máis facilmente por compostos orgánicos volátiles ou semivolátiles.
 
Nalgúns casos, prodúcese unha '''diminución da presenza das sustanciassubstancias químicas''' no estado favorables para a asimilación polas plantas. Así pois, ó modificarse o pH do solo, pasando de básico a ácido, o ion manganeso que está disolto no medio acuoso do solo se oxida, volvéndose insoluble e inmobilizándose.
 
Hai '''degradación paisaxística''', pois a presenza de verteduras e acumulación de residuos en lugares non acondicionados, xeran unha perda de calidade da paisaxe, á que se engade nos casos máis graves a deterioración da vexetación, o abandono da actividade agropecuaria e a desaparición da fauna.