Ernest Rutherford: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 94:
En [[1907]], obtén unha praza de profesor na Universidade de [[Manchester]], onde traballará xunto a [[Hans Geiger]]. Xunto a este, inventará un contador que permite detectar as [[partícula alfa|partículas alfa]] emitidas por substancias radioactivas (prototipo do futuro [[contador Geiger]]), xa que ionizando o gas que se atopa no aparello, producen unha descarga que se pode detectar. Este dispositivo permítelles estimar o [[número de Avogadro]] de modo moi directo: pescudando o período do [[radio (elemento)|radio]], e medindo co seu aparello o número de desintegracións por unidade de tempo. Dese modo deduciron o número de átomos de radio presente na súa mostra.
 
En [[1908]], xunto a un dos seus estudantes, [[Thomas Royds]], demostra de modo definitivo o que se supoñía, é dicir, que as partículas alfa son núcleos de [[helio]]. En realidade, o que proban é que unha vez desembarazadas da súa carga, as partículas alfa son átomos de helio. Para demostralo, illou a sustanciasubstancia radioactiva nun material delgado abondo como para que as partículas alfa atravesáseno efectivamente, pero para iso bloquea calquera tipo de "emanación" de elementos radioactivos, é dicir, calquera produto da desintegración. Recolle a continuación o gas que se acha ao redor da caixa que contén as mostras, e analiza o seu espectro. Atopa entón gran cantidade de helio: os núcleos que constitúen as partículas alfa recuperaron electróns dispoñibles.
 
Ese mesmo ano gaña o [[Premio Nobel de Química]] polos seus traballos de [[1902]].<ref name=laureat_nobel_1908>{{cita web|url=http://nobelprize.org/nobel_prizes/chemistry/laureates/1908/|título= The Nobel Prize in Chemistry 1908|ano= 2010|editorial=Fundació Nobel|dataacceso= 22-11-2010}}</ref> Sufrirá con todo un pequeno desgusto, pois el considérase fundamentalmente un físico. Unha das súas citas máis famosas é que "a ciencia, ou é Física, ou é filatelia", co que sen dúbida situaba a física por encima de todas as demais ciencias.