West Side Story (filme de 1961): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37:
[[Leonard Bernstein]], quen compuxo a música da obra teatral, quedou descontento coa orquestración da adaptación cinematográfica debido a que empregaba demasiados músicos, cando na versión orixinal bastaba con trinta. Consideraba que, deste xeito, os temas perdían a súa subtileza.
 
OA orde de aparición dos temas foi cambiado nalgúns casos da película con respecto á obra orixinal. Tamén algunhas letras foron modificadas, principlamente por motivos de censura; entre elas, as letras “Gee, Officer Krupke", "America" e "Tonight Quintet" foron as máis afectadas.
 
Natalie Wood pregrabou as súas cancións debido ó reto que supuñan para ela algúns dos temas, de forma que logo se buscou a sincronía labial cos seus movementos na pantalla. Porén, finalmente a súa voz foi susbtituída pola de Marni Nixon, quen recibiu dereito sobre apenas o 0.25% dos beneficios xerados polas cancións intrerpretadas coa súa voz.