Río Mississippi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Curso inferior: arranxiño
m →‎Fauna: arranxiño
Liña 366:
== Medio natural ==
=== Fauna ===
O río o Mississippi e o súa [[chaira aluvial]] albergan unha [[fauna]] e [[flora]] moi ricas que compón o maior sistema continuo de [[marisma]]s do [[América do Norte|continente norteamericano]]. As polo menos 260 especies de [[peixe]]s que viven no río, constitúen a cuarta parte de todas as existentes en América do Norte.<ref name="Info">{{Cita web| título=Mississippi River Facts|url=http://www.nps.gov/miss/riverfacts.htm| editor=[[National Park Service]] |lingua=inglés |dataacceso=12/12/2008 |data=4/12/2004 |obra=Mississippi National River and Recreation Area}}</ref> O río serve de paso para a [[Migración animal|migración]] de numerosas [[aves]]: o 60% das aves de Norteamérica (326 especies) utilizan a conca do Mississippi nas súas migracións.<ref name="Info"/> No curso inferior do Mississippi, podemos contar 60 especies diferentes de [[mexillón]]s. O curso superior abriga a máis de 50 especies de [[mamífero]]s e 145 especies de [[anfibio]]s e [[réptil]]es (incluído o coñecido [[aligátor]], cuxa especie prospera de novo logo de estar ameazada de extinción a mediados do [[século XX]]). En todo o val do Mississippi atopamos mamíferos como o [[castor]], o [[mapache|mapache boreal]], a [[Londra|londra de río]], o [[visón|visón americano]], o [[raposo|raposo vermello]], a [[rata|rata almizclera]] ou a [[mofeta|mofeta raiada]]. Outros animais son comúns en América do Norte: o [[coiote]], o [[cervo de Virxinia]], o [[esquío|esquío gris]], o [[esquío|esquío raiado]], o [[esquío voador do sur]] ou o [[Lince (zooloxía)|lince]].
 
<center>'''Algúns mamíferos presentes no val do Mississippi:'''</center>