Misa (música): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazóns internas.
Liña 1:
A '''misa''', un [[xénero musical]] sacro, é unha composición [[Coro (grupo musical)|coral]] que traslada á [[música]] a seccións fixas da [[Misa|liturxia]]. <ref>Principalmente a liturxia da [//es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_católica Igrexa católica], da [//es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_anglicana Igrexa anglicana] (xeralmente coñecida nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] como Igrexa episcopal, e tamén da [//es.wikipedia.org/wiki/Iglesia_luterana Igrexa luterana].</ref>
 
A maioría das misas son partes da liturxia en [[Lingua latina|latín]], a linguaxe tradicional da [[Igrexa católica]]. As misas poden ser ''[[A capela (música)|a cappella]]'' (para [[Voz (música)|voz]] humana soamente) ou acompañadas por [[Instrumento musical|instrumentos musicais]], e mesmo incluír unha [[orquestra]] completa. Moitas misas, especialmente as máis recentes, nunca foron pensadas para seren interpretadas durante a celebración dunha misa litúrxica.
 
== Estrutura da misa ==
Liña 7:
 
=== 1. Kyrie ===
O Kyrie é o primeiro movemento do ''"ordinario''":
 
:''Kýrie eléison; Christé eléison; Kýrie eléison (Κύριε, ἐλέησον; Χριστέ, ἐλέησον; Κύριε, ἐλέησον).''
 
::Señor, ten piedade; [[Cristo]] ten piedade; Señor ten piedade.
 
Este movemento ten adoito unha estrutura que reflicte o conciso e o simétrico do texto. Moitos teñen unha forma ternaria (ABA) , onde as dúas aparicións da frase "''Kyrie eleison''" están asociadas a idéntico tema musical articuladas cunha sección "''Christe eleison''" contrastante.
 
É moi coñecido o exemplo a da misa do [[Réquiem (Mozart)|Réquiem]] de [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]] , onde os textos de "''Kyrie''" e "''Christe''" representan os dous elementos dunha dobre [[fuga]].
 
=== 2. Gloria ===
A Gloria é unha pasaxe celebratoria da gloria de [[Deus Pai|Deus]] e de Cristo.
 
:''Gloria in excelsis Deo et in terra pax hominibus bonae voluntatis. Laudamus te, benedicimus te, adoramus te, glorificamus te, gratias agimus tibi propter magnam gloriam tuam, Domine Deus, Rex caelestis, Deus Pater omnipotens''.
Liña 25:
:Gloria a Deus nas alturas, e na terra paz aos homes de boa vontade. Loámoste, bendicímoste, adorámoste, glorificámoste, dámosche grazas pola túa inmensa gloria, señor Deus, rei celestial, Deus pai omnipotente.
 
::Fillo unixénito de Deus, [[Xesús de Nazaret|Xesucristo]], señor Deus, año de Deus, fillo do pai, ti que quitas os pecados do mundo, ten piedade de nós; ti que quitas os pecados do mundo, atende a nosa súplica. Ti que estás sentado á dereita do pai, ten piedade de nós.
::Porque só ti es santo, só ti, señor, só ti, altísimo, Xesucristo, co Espírito Santo na gloria de Deus pai, amén.
 
Nas misas en [[Lingua inglesa|inglés]], compostas para uso [[Comuñón Anglicana|anglicano]], a Gloria é comunmente o derradeiromovementoderradeiro movemento, por mor de que no libro de [[Oración (relixión)|oracións]] o texto se trasladou ao final do servizo. Con todo, novas formas de liturxia restauraron a Gloria ao seu lugar tradicional.
 
=== 3. Credo ===
Liña 107:
 
=== Outras seccións ===
Nunha misa litúrxica, hai outras seccións que poden ser cantadas, a miúdo en canto gregoriano. Estas seccións, as "particulares" de misa, cambian co día e coa [[estación do ano]] de acordo co calendario eclesiástico ou coas circunstancias especiais da misa. As particulares da misa non son polo xeral incluídas musicalmente na misa musical, pero poden ser obxecto de [[Motete|motetes]] ou outras composicións. Estas seccións inclúen o ''introito'', o gradual, o ''aleluia ''(salvo en [[Coresma]]), o [[ofertorio]] e a [[Eucaristía|comuñón]].
 
== As misas ao longo da historia ==
 
=== Idade Media e Renacemento ===
Antes de existiren compositores individuais de misas, a música foi puramente [[canto gregoriano]], que ofrecía moitas opcións musicais para seren cantadas segundo o calendario litúrxico. Atópanse recollidas no ''Kyriale''. Sobreviven varias misas completas de autoría anónima do [[século XIV]], a ''Misa de Tournai'', a ''Misa de Toulouse'', a ''Misa de Barcelona'' e a ''Misa da Sorbona''. Con todo, as discrepancias de estilo indican que os movementos destas misas foron escritos por varios compositores e, posteriormente, compiladas por un copista nunha soa obra.<ref>Harold Gleason Warren Becker. ''Music in the Middle and Renaiisance''. EEUU. Frangipani Press. Páxina 73.</ref>
 
A primeira misa composta enteira por un mesmo [[Compositor|autor]] e concibida como un todo foi a ''Messe de Notre Dame'', de [[Guillaume de Machaut]] (1300-1377), compositor da ''[[Ars nova|Ars Nova]]'', un estilo que sinala a fin da [[Idade Media]] e a chegada do [[Renacemento]] no plano musical. No Renacemento é salientable a ''Misa do Papa Marcelo'', de [[Giovanni Pierluigi da Palestrina]] (1525-1594).
 
=== Desde o Barroco ata a actualidade ===