Misa (música): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engadiuse ligazón externa.
Moedagalega (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 118:
Antes de existiren compositores individuais de misas, a música foi puramente [[canto gregoriano]], que ofrecía moitas opcións musicais para seren cantadas segundo o calendario litúrxico. Atópanse recollidas no ''Kyriale''. Sobreviven varias misas completas de autoría anónima do século XIV, a ''Misa de Tournai'', a ''Misa de Toulouse'', a ''Misa de Barcelona'' e a ''Misa da Sorbona''. Con todo, as discrepancias de estilo indican que os movementos destas misas foron escritos por varios compositores e, posteriormente, compiladas por un copista nunha soa obra.<ref>Harold Gleason Warren Becker. ''Music in the Middle and Renaiisance''. EEUU. Frangipani Press. Páxina 73.</ref>
 
A primeira misa composta enteira por un mesmo autor e concibida como un todo foi a ''Messe de Notre Dame'', de [[Guillaume de Machaut]] (1300-1377), compositor da ''[[Ars nova|Ars Nova]]'', un estilo que sinala a fin da [[Idade Media]] e a chegada do [[Renacemento]] no plano musical. No Renacemento é salientable a ''Misa do Papa Marcelo'', de [[Giovanni Pierluigi da Palestrina]] (1525-1594).
 
=== Desde o Barroco ata a actualidade ===