Guerra civil española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
+tradución de texto de es.wiki
Liña 185:
== Consecuencias ==
Esta guerra foi un ensaio das armas que se utilizarían despois na [[II Guerra mundial]]. A estrutura política de gran parte de Europa escorou cara ó fascismo e o comunismo, mentres que en España comezou unha época de rescisión das liberdades e represión de todo aquilo que se afastase da liña política do réxime.
 
=== Vítimas da Guerra Civil ===
[[Ficheiro:Spanish Civil War - Mass grave - Estépar, Burgos.jpg|dereita|miniatura|Fosa común en [[Estépar]], [[provincia de Burgos]], con 26 vítimas do bando republicano. A escavación tivo lugar no mes de xullo de 2014.]]
O número de vítimas civís aínda é discutido. Algúns afirman que a cifra estaría entre 500&nbsp;000 e 1&nbsp;000&nbsp;000 de persoas.<ref name=baixas>O número de perdas non está claramente documentado; as estimacións suxiren que entre 500&nbsp;000 e un millón de persoas faleceron. Con os anos, os historiadores diminuíron estas cifras, e estudios modernos conclúen que 500&nbsp;000 mortes é a cifra máis acertada. Hugh Thomas, ''The Spanish Civil War'' (2001), pp. xviii & 899–901, inclusive.</ref> Moitas destas mortes non foron debidas ós combates, se non á represión en forma de execucións sumarias e ''paseos''. Esta levouse a cabo no bando sublevado de maneira sistemática e por orde dos seus superiores, mentres no bando republicano produciuse de maneira descontrolada en momentos no que o goberno perdeu o control das masas armadas.<ref name=thomas>Thomas, Hugh, ''Op.Cit.''</ref> Os abusos centráronse en tódolos sospeitosos de simpatizar co bando contrario.
 
== A Guerra Civil na literatura e no cine ==