Leptospirose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 1:
A '''leptospirose''' é unha [[infección]] causada por [[espiroqueta|espiroquetas]]s do grupo [[Leptospira]], transmitida por animais [[roedores]], especialmente [[rato|ratos]]s. A transmisión pode ocorrer por contacto directo cos [[ouriños]], [[sangue]] ou [[Tecido (bioloxía)|tecidos]] do animal infectado. Tamén por fluídos ou ambientes contaminados polos ouriños destas criaturas. Veterinarios, agricultores, empregados da industria cárnica e das actividades pesqueiras son os profesionais con maior risco de contraer leptospirose. O período de incubación habitual sitúase entre dous e vinte días.
 
== Manifestacións clínicas ==
Liña 9:
 
== Diagnóstico ==
Coma noutras moitas enfermidades, adoita apreciarse unha gran elevación nas células do [[sistema inmune]], con desviación esquerda e aparición de precursores [[hematopoético]]s (caiados). Isto pode estar ausente en nenos, anciáns e inmunodeprimidos. Na maioría dos casos aprécianse alteracións renais con presenza de [[leucocito|leucocitos]]s, [[hemacia]]s ou restos inflamatorios nos ouriños. Nas formas graves da enfermidade, pode apreciarse deterioración da [[función renal]], que pode ser mortal. É frecuente atopar un número descendido de [[plaqueta|plaquetas]]s (trombopenia). No tocante ao [[fígado]], pódese apreciar aumento no nivel sanguíneo de [[bilirrubina]], [[fosfatase alcalina]] e [[Transaminase|transaminasestransaminase]]s. É común apreciar elevados niveis de [[creatinin quinase]] (CPK), o que pode contribuír á deterioración renal.
 
Nas probas [[microbioloxía|microbiolóxicas]], a [[seroloxía]] non é útil inicialmente polo retardo da produción de [[anticorpos]] detectables. A leptospira pode crecer en frascos de [[hemocultivo|hemocultivos]]s, de [[líquido cefalorraquídeo]] ou ouriños.
 
== Tratamento ==
Liña 20:
== Véxasse tamén ==
=== Bibliografía ===
* Longo, Casper et al. ''Harrison, principios de Medicina Interna''. Mc Graw Hill Educación [ISBN: 978-607-15-0727-3] (''en castelán'')
 
 
[[Categoría:Doenzas infecciosas]]