Club Balonmán Cangas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+notas
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 55:
O primeiro encontro disputado foi en [[1961]] co nome de Luceros, gañaron ó "Alerta" de Vigo por 4-5. Más tarde, ese mesmo ano, inscríbense como equipo xuvenil, o que o comezo oficial do club. O primeiro equipo sénior inscribiuse en [[1968]] na liga de Terceira Provincial.<ref name=historia/>
 
Ata [[1972]] os partidos en casa disputábanse na Avda. de Vicenti, cortando o tráfico, pintando o campo de xogo e levando as porterías ás costas. Máis adiante, ese mesmo ano, inaugúrase a "pista do aterrado", fronte ó mercado do mesmo nome. O primeiro pavillón acondicionado axeitadamente foi o de "Romarigo", no que se comezou a xogar en [[1977]]. En [[1993]] inaugurouse o pavillón Municipal do Gatañal, onde xogan dende ese ano os seus partidos como local. <ref name=historia/>
 
Na tempada [[1994]]-[[1995|95]] acada por primeira vez o ascenso á [[Liga ASOBAL]], na que permanecería 11 tempadas, ata o seu descenso á División de Prata na tempada [[2005]]-[[2006|06]] no ano que se estreaba na liga europea [[EHF]]. Non volvería a ascender de categoría ata a tempada [[2008]]-[[2009|09]]. A nova etapa duraría só unha tempada, tras quedar na última posición e descender á segunda categoría.