Marta cibelina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 29:
[[Ficheiro:Sables.png|esquerda|miniatura]]
 
Os machos teñen unha lonxitude de 38 a 56 &nbsp;cm, cunha cola de 9 a 12 &nbsp;cm, e un peso de 880 a 1800 g. As femias teñen unha lonxitude de 35 a 51 &nbsp;cm, cunha lonxitude da cola de 7,2 a 11,5 &nbsp;cm.<ref name="walker">''Walker's mammals of the world'', Volume 1, Ronald M. Nowak, published by JHU Press, 1999, ISBN 0-8018-5789-9</ref> A pelaxe de inverno é máis longa e luxosa que a de verán.<ref name="Ognev"/> As diferentes [[subespecie]]s mostran variacións xeográficas na cor da pelaxe, que vai desde o marrón claro a marrón moi escuro ou negro, máis claro ventralmente e máis escuro nas costas e patas.<ref name="grizimek"/> Os exemplares xaponeses (chamados alí クロテン ou ''kuroten'')<ref>[http://search.japantimes.co.jp/cgi-bin/fe20070418mb.html WILD WATCH: SABLES AND THEIR ILK, ''Cuteness belies killers' true nature'' By MARK BRAZIL]</ref> son negros nas patas e pés.<ref name=trapper>''The trapper's guide: a manual of instructions for capturing all kinds of fur-bearing animals, and curing their skins; with observations on the fur-trade, hints on life in the woods, and narratives of trapping and hunting excursions'' by Sewell Newhouse, editado por John Humphrey Noyes, publicado por Oneida Community, 1867</ref> Os individuos tamén mostran unha mancha clara de pel na garganta que pode ser gris, branca ou amarela clara.<ref name="Ognev"/> A pelaxe é máis suave e sedosa que a das martas americanas (''[[Martes americana]]'').<ref name="friend"/> As martas cibelinas son moi parecidas ás martas da especie que vive en Galicia oriental, ''[[Martes martes]]'', tanto en tamaño coma en aparencia, pero teñen cabezas máis alongadas, orellas máis longas e colas proporcionalmente máis curtas.<ref name=zoo>''General zoology, or, Systematic natural history'', by G. Shaw, 1800</ref> Os seus cranios son similares aos de ''Martes martes'', pero máis grandes e robustos e con [[arco cigomático|arcos cigomáticos]] máis arqueados.<ref>''Catalogue of the contents of the Museum of the Royal College of Surgeons in London'', Volume 7. Printed by R. Taylor, 1853</ref>
 
== Comportamento ==
Habita en bosques mestos dominados por [[picea]]s, [[piñeiro]]s, [[lárice]]s, [[cedro]]s e [[bidueiro]]s en terras baixas ou montañosas. Defenden os seus territorios que poden ser de 4 a 30 &nbsp;km<sup>2</sup>, dependendo do terreo local e da dispoñibilidade de alimento. Porén, cando escasean os recursos poden moverse a distancias considerables na procura de alimento, xeralmente de 6 a 12 &nbsp;km ao día.<ref name=Monakhov2011/>
 
Viven en toqueiras preto das beiras dos ríos e nas partes profundas do bosque. Para que estas toqueiras sexan máis seguras escavánas xeralmente entre raíces de árbores.<ref name="trapper"/> Son principalmente crepusculares, e cazan durante as horas de luscofusco, mais durante a estación reprodutora son máis activas de día. As súas toqueiras están ben agochadas e forradas de herba e pelos desprendidos, pero poden ser temporais, especialmente durante o inverno, cando o animal viaxa máis buscando presas.<ref name=Monakhov2011/> Gabean ben polas árbores e rochas.<ref name=soviet>''The Fur Bearing Mammals of the Soviet Union'', producido pola London's Hudson Bay, en asociación con v/o sojuzpushnina</ref>
Liña 44:
O apareamento adoita ocorrer entre xuño e mediados de agosto, aínda que a data varía xeograficamente.<ref name="Ognev"/><ref name="grizimek"/> Cando cortexan, as martas cibelinas corren, choutan e fan ruídos xordos como os dos gatos. Os machos escavan longas galerías pouco fondas na neve, frecuentemente acompañadas de miccións.<ref name="tarasov"/> Os machos loitan violentamente entre eles polas femias.<ref name="Ognev"/> As femias entran no [[estro]] en primavera. O apareamento pode durar oito horas. Despois da [[inseminación]], o [[blastocisto]] non se implanta na parede uterina da femia. En vez diso, a implantación ocorre oito meses despois; aínda que a xestación dura de 245 a 298 días, o desenvolvemento embrionario require só de 25 a 30 días.<ref name="grizimek"/> As martas cibelinas paren en ocos das árbores, onde constrúen niños compostos de musgo, follas e herba seca.<ref name="trapper"/> As crías poden ser dunha a sete, aínda que o normal son dúas ou tres. Os machos axudan ás femias defendendo os seus territorios e proporcionándolles comida.<ref name=tarasov>Tarasov, P. 1975. ''Intraspecific Relations in Sable and Ermine''. Pp. 45-54 in C. King, ed. Mustelids: Some Soviet research. Boston Spa: British Library Lending Division.</ref>
 
As martas cibelinas nacen cos ollos pechados e a pel cuberta por unha capa moi fina de pelo. As crías neonatas pesan entre 25 e 35 g e a súa media de lonxitude é de 10 a 12 &nbsp;cm.<ref name="Ognev"/><ref name="grizimek"/><ref name=Monakhov2011/> Abren os ollos aos 30 a 36 días e saen fóra do niño pouco despois.<ref name="walker"/><ref name="grizimek"/> Ás sete semanas, as crías son destetadas e reciben comida regurxitada.<ref name="Ognev"/> Chegan á madurez sexual aos dous anos.<ref name="walker"/> Informouse que viven ata 20 anos en granxas peleteiras, e ata 18 na natureza.<ref name=Monakhov2011/>
 
As martas cibelinas poden hibridarse coas ''[[Martes martes]]''. Isto foi observado na natureza onde o territorio das dúas especies se solapa nos [[montes Urais]], e ás veces é fomentado á mantenta en granxas peleteiras. O híbrido resultante, denomindo ''kidus'', é lixeiramente menor que a marta cibelina pura, ten pel menos fina, pero con marcas similares e unha longa cola peluda. Estes híbridos son normalmente estériles, aínda que se informou dun caso dunha femia híbrida que se apareou con éxito cun macho de ''Martes martes''.<ref name=Monakhov2011/>
Liña 59:
[[Ficheiro:Marie Antoinette and her Children by Élisabeth Vigée-Lebrun.jpg|miniatura|dereita|<div align="center">[[María Antonieta|Cadro ''Marie Antoinette de Lorraine-Habsbourg'']] ''and Her Children'' de [[Élisabeth-Louise Vigée-Le Brun]] (1787)<BR/>Versalles, [[Palacio de Versalles|Museo Nacional do Castelo e dos Trianons]]</div>A raíña leva un vestido rebetado con pel de marta cibelina.]]
 
A pel de marta cibelina foi moi valorada no comercio de peles desde a [[Idade Media]], e é xeralmente considerada a pel máis bonita e rica e de mellor cor de todas as martas. A pel da marta cibelina é única porque conserva a súa suavidade en calquera dirección en que se acariñe. A pel doutros animais é máis áspera se a acariñamos a contrapelo.<ref>''A Natural History of Animals'' de [[John Bigland]], publicada por Grigg, Elliot & Co., 1844</ref> As martas cibelinas rusas son normalmente despelexadas desde a boca sen facerlles incisións no corpo. As patas consérvanse para ter a maior cantidade de pel que sexa posible.
 
Os cregos de [[Bizancio]] xa usaban pel de marta cibelina nos seus rituais.<ref name="davey">''Furs and Fur Garments'' by Richard Davey, published by READ BOOKS, 2008, ISBN 1-4097-1942-1</ref>