Rolls-Royce Trent: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 29:
En abril de [[1989]] [[Cathay Pacific]] converteuse no primeiro cliente en pedir un avión de [[Airbus]] equipado con motores [[Rolls-Royce]] cando encargou dez [[Airbus A330]] co Trent 700. O mes seguinte [[Trans World Airlines]] realizaría un pedido para 20 A330.
 
O Trent 700 funcionou por vez primeira en agosto de [[1990]] e conseguiu a certificación en xaneiro de [[1994]]. En marzo de [[1995]] conseguiu unha aprobación [[ETOPS]] de 90 minutos, que pasou aos 120 minutos en decembro de [[1995]] e aos 180 en maio de [[1996]].<ref name="Aero-Engines—Rolls-Royce Trent">{{cita web|título=Aero-Engines—Rolls-Royce Trent|url=https://web.archive.org/web/20071110025612/http://www.janes.com/aerospace/civil/news/jae/jae010213_2_n.shtml|editor=Jane's|dataacceso=24 de xaneiro de 2017}}</ref>
 
O primeiro A330 impulsado por un Trent 700 voou en agosto de [[1994]] e entrou en servizo con Cathay Pacific en marzo de 1995.<ref>{{cita web|título=B-HLA Dragonair Airbus A330-300—cn 071|url=https://www.planespotters.net/airframe/Airbus/A330/071/B-HLA-Cathay-Dragon|editor=Planespotters|dataacceso=24 de xaneiro de 2017}}</ref>
 
=== Trent 800 ===
Ao mesmo tempo [[Boeing]] estaba traballando nun desenvolvemento alongado do seu [[Boeing 767|767]], bautizado como 767X, para o cal Rolls-Royce propuxo o Trent 760. Cara [[1990]] Boeing abandonou os plans para o 767X e no seu lugar decidiu lanzar unha nova familia máis grande designada [[Boeing 777|777]] cun requerimento de potencia de 360 &nbsp;kN ou máis. Os 2,47 metros de diámetro do ''fan'' do Trent 700 non serían suficientes para conseguir ese requerimento, polo que Rolls-Royce propuxo unha nova versión cun diámetro de 2,8 m, designada Trent 800.
 
As probas do Trent 800 iniciáronse en setembro de [[1993]], e a certificación chegou en xaneiro de [[1995]].<ref name="Aero-Engines—Rolls-Royce Trent" /> O primeiro Boeing 777 con motores Trent 800 voou en maio dese ano e entrou en servizo con [[Cathay Pacific]] en abril de [[1996]].
Liña 41:
 
=== Trent 8104 ===
En [[1998]] Boeing propuxo novas variantes do 777 cun maior alcance. Aproveitando a capacidade de crecemento do Trent 800 Rolls-Royce deseñou e fabricou un motor mellorado designado Trent 8104, que posteriormente sería aumentado de tamaño para desenvolver o máis grande 8115. Este deseño foi o primeiro motor en chegar aos 440 &nbsp;kN de empuxe, e posteriormente o primeiro en acadar os 490 &nbsp;kN. Porén, o antigo presidente de [[GE Aviation]] James McNerney (que despois sería presidente de Boeing) ofreceu con éxito ao fabricante ata 500 millóns de dólares para desenvolver o 777 a cambio de que equipase en exclusiva os seus motores.Boeing accedeu en xullo de [[1999]] polo que o GE90-110B e o GE90-115B serían os únicos motores nos 777 de longo alcance.<ref>{{cita web|título=Power play: implications of the GE/Boeing deal|url=https://www.aviationstrategy.aero/newsletter/Aug-1999/5/Power_play%3A_implications_of_the_GE%2FBoeing_deal|editor=Aviation Strategy|dataacceso=24 de xaneiro de 2017}}</ref> Isto fixo que o 8104 se convertese nun programa de demostración, a pesar de establecer novos avances na industria.
 
=== Trent 500 ===
Liña 69:
 
=== Trent 1500 ===
Un motor para substituír ao Trent 500, coñecido de forma non oficial como Trent 1500, foi proposto para axudar aos [[Airbus A340|Airbus A340-500/600]] a competir cos [[Boeing 777|Boeing 777-200LR/300ER]].<ref>{{cita web|título=Enhanced A340 to take on 777|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/exclusive-enhanced-a340-to-take-on-777-203391/|editor=Flightglobal|dataacceso=26 de xaneiro de 2017}}</ref> Porén, o anuncio do [[Airbus A350|A350 XWB]], que cubría o mercado do A340, evitaría que o Trent 1500 se convertese nunha realidade.
 
O Trent 1500 conservaría os 2,47 metros de diámetro do Trent 500, ademais da súa góndola, pero incorporando os máis pequenos e avanzados xerador de gases e turbina de baixa presión dos Trent 1000/XWB axeitadamente modificados.
 
=== Trent XWB ===
O Trent XWB é unha serie de motores turbofán desenvolvidos a partir do RB211 e usados en exclusiva polo [[Airbus A350|Airbus A350 XWB]].<ref>{{cita web|título=Trent XWB|url=http://www.rolls-royce.com/products-and-services/civil-aerospace/products/civil-large-engines/trent-xwb.aspx|editor=Rolls-Royce|dataacceso=25 de xaneiro de 2017}}</ref> Ten un rango de potencia no despegue de 330–430 &nbsp;kN e un diámetro do ''fan'' de 3 metros.<ref>{{cita web|título=Airbus revises A350 Trent XWB thrust values following weight increases|url=https://www.flightglobal.com/news/articles/airbus-revises-a350-trent-xwb-thrust-values-followin-326468/|editor=Flightglobal|dataacceso=25 de xaneiro de 2017}}</ref>
 
=== Trent 7000 ===
Oficialmente anunciado o [[14 de xullo]] de [[2014]] no [[Farnborough Airshow]], o Trent 7000 será o motor exclusivo para o [[Airbus A330neo]]. O Trent 7000 usará a experiencia previa do Trent 700 usado no [[Airbus A330|A330]], a arquitectura do Trent 1000-TEN, que é a derradeira versión do Trent 1000, e a tecnoloxía do Trent XWB. Os motores ofrecerán un rango de potencia de 300–320 &nbsp;kN. O Trent 7000 encendeuse por vez primeira o [[27 de novembro]] de [[2015]].<ref>{{cita web|título=Rolls-Royce celebrates first run of Trent 7000 engine|url=https://50skyshades.com/news/manufacturer/rolls-royce-celebrates-first-run-of-trent-7000-engine|editor=Fifty Sky Shades|dataacceso=26 de xaneiro de 2017}}</ref>
 
== Notas ==