Daniel Bernoulli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
m Arranxos varios
Liña 28:
 
== Traxectoria ==
Daniel Bernoulli proviña da [[Familia Bernoulli|saga familiar de Bernoulli]], que xerou grandes avances matemáticos ao longo da historia. Era fillo de [[Johann Bernoulli]] e naceu en [[Groninga]], [[Países Baixos]], onde o seu pai era entón profesor de matemáticas. En 1705, o seu pai obtivo unha praza na Universidade de [[Basilea]] e a familia regresou á cidade suíza de onde era orixinaria.
 
Por desexo do seu pai estudou [[Medicina]] na [[Universidade de Basilea]], mentres que á vez, na súa casa, o seu irmán máis vello Nicolau e o seu pai ampliaban os seus coñecementos matemáticos. Daniel finalizou os estudos de Medicina en 1721. En principio tentou entrar como profesor na Universidade de Basilea, pero foi rexeitado.
[[Ficheiro:Danielbernoulli.jpg|esquerda|miniatura|268x268px|Daniel Bernoulli.]]
En 1723, gañou a competición anual que patrocinaba a [[Academia de Ciencias]] francesa. Ese mesmo ano, o matemático prusiano [[Christian Goldbach]], despois de quedar impresionado polo nivel matemático de Bernoulli, decidiu publicar a correspondencia que mantiveran. En 1724, as cartas publicadas estendéronse por todo o mundo, e [[Catarina I de Rusia]] propúxolle ser profesor da recentemente fundada Academia de Ciencias de [[San Petersburgo]]. O seu pai logrou que a oferta se ampliase tamén ao seu irmán [[Nicolau II Bernoulli|Nicolau]], que morrería de [[tuberculose]] en San Petersburgo en 1726. Na Academia, Daniel traballou na cátedra de [[Física]]. Permaneceu oito anos en [[San Petersburgo]] e o seu labor foi moi recoñecido. Durante ese tempo compartiu vivenda co tamén gran matemático [[Leonhard Euler]], que chegara á Academia recomendado polo propio Daniel e ao que xa coñecía por ser un avantaxado alumno do seu pai na Universidade de Basilea.
 
No ano 1732, volveu a Basilea, onde gañara un posto de profesor nos departamentos de [[Botánica]] e [[Anatomía]].
Liña 38:
En 1738 publicou a súa obra ''Hydrodynamica'', na que expón o que máis tarde sería coñecido como o [[Principio de Bernoulli]], que describe o comportamento dun fluído ao moverse ao longo dun conduto pechado. Daniel tamén fixo importantes contribucións á [[teoría da probabilidade]].
 
Sábese que Daniel mantivo unha mala relación co seu pai a partir de 1734, ano no que ambos compartiron o premio anual da Academia de Ciencias de París. Johann chegou a expulsalo da súa casa e tamén publicou un libro, ''Hydraulica'', no que tratou de atribuírse os descubrimentos do seu fillo nesta materia. En 1750 a Universidade de Basilea concedeulle, sen necesidade de concurso, a cátedra que ocupara o seu pai e o 3 de maio de 1750 foi elixido membro da [[Royal Society]].
 
Ao final dos seus días ordenou construír unha pensión para refuxio de estudantes sen recursos.
 
== Obra ==
Daniel Bernoulli publicou 86 traballos e gañou 10 premios da Academia de Ciencias de París, só superado por Euler que gañou 12.
 
== Véxase tamén ==
Liña 54:
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Bernoulli,Daniel}}
[[Categoría:Matemáticos de Suíza]]