Literatura en aragonés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 5:
O primeiro testemuño escrito en aragonés foron as ''[[Glosas Emilianenses]]'' (século XI), tradicionalmente consideradas o primeiro escrito do castelán mais que lingüístas actuais de recoñecido prestixio internacional adscriben sen dúbida ningunha ao aragonés ou ben a unha variedade rioxana do complexo lingüístico navarro-aragonés. Dende o século XI case todos os documentos, escritos en latín, presentan trazos aragoneses pero non foi ata o século XIII cando se xeneralizou o emprego do aragonés, por veces mesturado co castelán como é o caso de ''Razón feita d'amor'' (ca. [[1205]]), ''Lo Libre dels Tres Reys d'Orient'' ou a ''Vida de Santa María Egipcíaca''. Existiu unha prosa épica aragonesa, da cal só se conserva o ''Cantar da campá de Huesca'' incluída na ''Crónica de San Juan de la Peña''. O aragonés estivo moito máis presente na prosa, destaca o ''Liber Regum'' (1194-1209), considerado o primeiro texto histórico escrito nunha lingua romance peninsular e o ''Vidal Maior'', versión en aragonés dos Foros de Aragón; outras obras en aragonés son ˝Dez mandamentos", destinado aos confesores. Aínda que está en castelán presenta elementos aragoneses unha copia do século XV, conservada no [[British Museum]], da ''Embaixada a Tamorlán'' de [[Ruy González de Clavijo]]. En 1380 a petición de Xoán I de Aragón traduciuse ao aragonés o ''Libro das Marabillas do mundo'' de Jean de Mandeville.
 
[[Joan Ferrández d'Heredia]] creou en [[Aviñón]] na segunda metade do século XIV un obradoiro de tradutores onde se fixeron versións ao aragonés de obras historiográficas e literarias, traducindo a [[Plutarco]], [[Marco Polo]], [[Tucídides]] e [[Orosio]]. Tamén no seculo XIV (1369) se publicou a versión en aragonés da ''Crónica pinateapinatense''. A partir do século XV coa chegada dos [[Trastamara]] ao trono aragonés o castelán substitúe totalmente ao aragonés como lingua de cultura, pouco é o que se conserva en aragonés como unha tradución da Crónica de Bernat Desclot de mediados do século XV. Non obstante o aragonés sobreviviu na literatura alxamiada, isto é a literatura producida polos musulmáns aragoneses ben nun aragonés con trazos casteláns ou ben nun castelán con numerosos trazos aragoneses e numerosos arabismos escrito con carácteres árabes que se desenvolveu desde o século XIV ata 1610 cando foron expulsados da Península, obras como o ''Poema de Yuçuf'', ''Historia dos amores de París e Viana'' forman parte desta literatura.
[[Category:Literatura]]