Castropol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m traduzo info de es:Castropol
Xas (conversa | contribucións)
m →‎Historia: corrixo
Liña 87:
 
== Historia ==
A partir de [[1904]] foi escenario dun intento político de renovación promovido por [[Vicente Loriente Acevedo]], un castropolense que fixera fortuna en Cuba. Creou o "Partido Independiente de Castropol", popularmente coñecido como "Partido Novo", co obxectivo declarado de loitar contra o caciquismo conservador e rexenerar no só a vida política senón tamén a educativa e cultural da Asturias occidental. Publicaron o periódico decenal ''[[Castropol (periódico)|Castropol]]''. O Partido Independiente obtivo significativos éxitos nas eleccións locais e provinciais, pero fracasou no seu desafío aos conservadores nas [[Eleccións Xerais 1910 en España|eleccións a deputados a Cortes de 1910]], nas que Loriente non logrou, por moi pouco, o desexado escano. A formación castropolense rematou integrándose no [[Partido Reformista]] liderado polo político republicano [[Melquíades Álvarez]], e foi este o que nas [[Eleccións Xerais 19231920 en España|eleccións de 1920]] e [[Eleccións Xerais 1923 en España|1923]] logrou finalmente a elección como deputado do distrito de Castropol, e en calidade de tal chegou a ser Presidente do [[Congreso dos Deputados]]. Coa [[ditadura de Primo de Rivera]] desapareceu o decenario ''Castropol''.
 
== Galería de imaxes ==