Mesozoico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 69:
[[Ficheiro:Phanerozoic Climate Change.png|miniatura|300px|esquerda|Cambio climático nos últimos 500 millóns de anos baseadas nas medidas do [[isótopo]] <sup>18</sup>O. O clima actual (á esquerda) é más frío que durante a maior parte do Mesozoico (no centro).]]
 
O nivel do mar comezou a subir durante o [[Xurásico]], o que probablemente foi causado por unha expansión do leito mariño. A formación dunha nova cortiza baixo a superficie desprazou as augas oceánicas ata 200 m máis que na actualidade, o que inundou as zonas costeiras. Por outra parte, Panxea comezou a romperse en fragmentos máis pequenos, co que o aumento da superficie en contacto co océano formou o [[Mar de Tetis]]. A temperatura continuou aumentando e comezou a estabilizarse. A humidade tamén aumentou coa proximidade doda auga e dos desertos e se retiraron.
 
O clima do [[Cretácico]] é menos coñecido e máis amplamente discutido. Créese que os niveis máis elevados de dióxido de carbono na atmosfera causaron un gradiente de temperatura de norte a sur case plano: as temperaturas son máis ou menos as mesmas en todo o planeta. As temperaturas medias son tamén máis elevadas que no día de hoxe por arredor de 10&nbsp;°C. De feito, a mediados do Cretácico, as augas ecuatoriais do océano (quizais tan cálidas como 20&nbsp;°C nas profundidades do océano) poden ter sido demasiado altas para a vida mariña, e as zonas terrestres cerca do ecuador puideron ser desertos, a pesar da súa proximidade á auga.