Motor de combustión interna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: outros artigos
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 58:
{{AP|Refrixeración en motores de combustión interna}}
[[Ficheiro:Automobile radiator.jpg|miniatura|170px|[[Radiador]] dun motor de automóbil]]
Dado que a combustión produce calor, todos os motores deben dispoñer dalgún tipo de sistema de refrixeración. Algúns motores estacionarios de automóbiles e de avións, e os motores foraborda, refrixeranse con aire. Os cilindros dos motores que utilizan este sistema contan no exterior cun conxunto de láminas de metal que emiten a calor producida dentro do cilindro. Noutros motores utilízase refrixeración por auga, o que implica que os cilindros se atopan dentro dunha carcasa chea de auga que nos automóbiles faise circular mediante unha bomba. A auga refrigerase ao pasar polas láminas dun [[radiador]]. É importante que o líquido que se usa para arrefriar o motor non sexa auga común e corrente porque os motores de combustión traballan regularmente a temperaturas máis altas que a temperatura de ebulición doda auga. Isto provoca unha alta presión no sistema de enfriamento dando lugar a fallas nos empaquetados e selos de auga, así como no radiador; úsase un [[refrixerante]], pois non ferve á mesma temperatura que a auga, senón a máis alta temperatura, e que tampouco se conxela a temperaturas moi baixas.
 
Outra razón pola cal débese usar un refrixerante é que este non produce sarro nin sedimentos que se adhiran ás paredes do motor e do radiador formando unha capa aillante que diminuiría a capacidade de enfriamento do sistema. Nos motores navais utilízase auga do mar para a refrixeración.