Las Dominicales del Libre Pensamiento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
== Historia ==
Foi fundado polos xornalistas [[Partido Republicano Democrático Federal|republicanos federais]] Ramón Chíes "Eduardo de Riofranco" e Fernando Lozano Montes "Demófilo", próximos a [[Manuel Ruiz Zorrilla]]. O seu primeiro número imprimiuse o 4 de febreiro de 1883 e o derradeiro o 27 de agosto de 1909. Chíes e Lozano dirixírono até que o primeiro faleceu en 1893; Lozano continuou só até que o empezou a axudar Antonio Zozaya. Aparecía os domingos con números de catro páxinas en que dominaban sisudos artigos de fondo sobre política, cultura, sociedade, activismo, literatura, teatro, humanidades e ciencias. Foi probablemente a publicación periódica máis heterodoxa de España entre os séculos XIX e XX e acolleu no seu seo todo tipo de pensamento diverxente do oficial.<ref>http://www.filosofia.org/hem/med/m039.htm</ref> Entre os seus colaboradores destacan o poeta e avogado masón manchego [[Antonio Rodríguez García-Vao]], a escritora feminista [[Rosario de Acuña]], o político republicano [[Francesc Pi i Margall|Francisco Pi i Margall]], o médico e escritor masón [[José Francos Rodríguez]], o político e escritor republicano [[Emilio Castelar]], [[Esperanza Pérez]], [[Amelia Carvia]], o historiador republicano [[Miguel Morayta Sagrario]], [[Eduardo Sojo]], [[Salvador Sellés]], o escritor do naturalismo Joaquín Dicenta, o poeta galego [[Manuel Curros Enríquez]], o escritor [[Eduardo Zamacois]], o poeta Pedro Barrantes, José de Diego e o científico Odón de Bo, sogro de Fernando Lozano. En todos os números faise publicidade gratuíta dos órganos do Krausismo español, como a [[Institución Libre de Enseñanza|Institución Libre de Ensino]] e a Asociación para o Ensino da Muller. En 1902 constituíuse en órgano da Federación Internacional de Libre Pensamento en España, Portugal e América Ibera.
 
O semanario foi constantemente hostigado con ataques e denuncias polas autoridades e a igrexa, pero logrou editarse sen interrupción e alcanzar, segundo o número do 21 de xullo de 1890, unha tirada de 20 a 25000 exemplares, até que o asedio se intensificou o verán de 1900; no número 939 (15-VII-1900) explícase por que non se puido publicar durante as tres semanas anteriores:<ref>Pedro Álvarez Lázaro, ''Páginas de historia masónica'', Ediciones IDEA, 2006. https://books.google.es/books?id=QNKw6KrYjpwC&dq=%22Fernando+Lozano+Montes%22&hl=es&source=gbs_navlinks_s</ref>
: ''Os cinco últimos números de Las Dominicales foron secuestrados; catro deles por denuncia; o último por equivocación, posto que non foi denunciado. Ademais diso, o gobernador de Madrid multounos pretextando unha nimiedade, o terse enviado ou non a tempo os números que se entregan no goberno civil. Era inútil, por tanto, imprimir o xornal nesas condicións [...] Suman moitos miles de duros os danos e prexuízos que estes abusos do poder levan producidos ó noso xornal. Do centenar de procesos que se nos formou, só de oito anos acó, non prosperaron máis que dous ou tres. Nos demais, os gobernos procederon inxustamente; pero ninguén nos indemnizou dos danos causados polas inxustas denuncias, acompañadas case sempre de secuestro. Lémbrese aquel período de tres anos, en que todas as semanas era o número denunciado a instancia dos Pais de familia, árbitros dos Tribunais. Viñeron despois as furiosas persecucións dos tres anos de guerra. E terminou aquel Calvario coa pesadume dos sete meses de censura militar..''.<ref>«Nuestro calvario», ''Dominicales del Libre Pensamiento'', 15 de julio de 1900, núm. 939, pág. 3</ref>
Defende o [[republicanismo]], o libre exame, o [[liberalismo]], o [[deísmo]], o [[agnosticismo]], o [[ateísmo]], os enterros civís, o [[feminismo]], o [[divorcio]], a abolición da [[pena de morte]], o [[naturalismo]], a Escola libre de [[Francesc Ferrer i Guàrdia|Francesc Ferrer i Guardià]] e o estudo antropolóxico, histórico, materialista e científico da [[relixión]]. Oponse ós [[Dogma|dogmas]] católicos e posúe unha forte carga [[Anticlericalismo|anticlerical]] que seica motivou o asasinato dun dos seus redactores, Antonio Rodríguez García-Vao. Mostra as súas simpatías pola [[Masonaría|masonería]], á que pertencían os seus fundadores e gran número dos seus redactores, o espiritismo e a [[teosofía]], e tamén polo krausismo da [[Institución Libre de Enseñanza|Institución Libre de Ensino]], a Asociación polo Ensino da Muller e a Sociedade Protectora dos Nenos, cuxa publicidade incorporaba gratuitamente nas súas páxinas. Ademais anima o rexurdimento da cultura [[sefardí]] en España.<ref>http://hispana.mcu.es/es/consulta/registro.cmd?id=10812220</ref>
 
O seu radicalismo e seriedade (tanto máis agresiva canto que nunca descendía á grosería, como outros semanarios radicais, como ''El Motín'' de José Nakens) valeulle o permanente ninguneo, hostilidade e contestación das institucións oficiais e os órganos de prensa das autoridades eclesiásticas españolas.<ref>https://entredosrepublicas.wordpress.com/2010/01/11/1-las-dominicales-del-libre-pensamiento/</ref>