Diferenzas entre revisións de «Concursante»

m
sen resumo de edición
m
'''Concursante''' é unha produción galega estreada en [[2007]] e rodada o ano anterior. Está dirixida e protagonizada polos ourensáns [[Rodrigo Cortés]] e [[Miryam Gallego]] respectivamente.
 
==Argumento==
Esta película conta a historia dun profesor universitario, Martín ([[Leonardo Sbaraglia]]), que se converte no gañador do galardóno máis cuantioso da historia da televisión: un total de tres millóns de euros traducidos en todo tipo de premios. A moza de Martín, Laura ([[Miryam Gallego]]) verá nisto unha oportunidade de ouro para cambiar a súa vida e cumprir os seus desexos inmediatos sen pensar nas consecuencias que pode ter a longo prazo.
 
O que semellaba ser un golpe de sorte e un soño feito realidade pasa a ser un auténtico pesadelo: Hacienda queda coa metade dos cartos e ser rico resulta máis caro do que imaxinaba. O protagonista intentará desfacerse de todo o obtido e contará coa axuda dun economista chamado Edmundo ([[Chete Lera]]).
 
==Intérpretes==
*[[Leonardo Sbaraglia]]
*[[Chete Lera]]
*[[Amaia Lizarralde]]
*[[Juan Jesús Valverde]]
 
=Ligazóns externas=
==Véxase Tamén==
==Ligazóns externas==
*[http://www.concursante.es/ Páxina oficial]
 
[[Category:Audiovisual galego]]