Diferenzas entre revisións de «Luís Antón del Olmet»

m
lig int
m (+ imaxe)
m (lig int)
 
== Traxectoria ==
Estudou Dereito na [[Universidade Central de Madrid]] e conseguiu unha praza na Delegación de Facenda da [[A Coruña|Coruña]] en [[1906]]. Xa se iniciara como xornalista en ''La Época'' de Madrid e cando chegou á Coruña incorporouse á redacción de ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]''. A principios de [[1908]] regresou a Madrid, onde se mantivo vinculado ao ambiente galego, tanto á revista ''[[Galicia (Madrid)|Galicia]]'' (dirixida por [[Basilio Álvarez]]) coma ao Centro Galego. Asistiu ao faladoiro do Excelsior e foi un dos fundadores do movemento agrario de [[Acción Gallega]]. Dirixiu, xunto a [[Prudencio Canitrot]], a "[[Biblioteca de Escritores Gallegos]]", na que publicou ''El encanto en sus manos'' (1909). En ''[[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]]'' realizou a descrición dos principais líderes do agrarismo solidario coruñés ([[Lugrís Freire]], [[Joaquín Martín Martínez]], [[Juan Golpe]], [[Rodrigo Sanz]]). En 1910 entrou na primeira redacción de ''[[El Debate]]'' xunto cos galegos Basilio Álvarez, [[Alfonso Alcalá Martín]] e [[Rafael Carvajal]]. Participou xunto aos agrarios na constitución da [[Liga Agrario-Redencionista]] e nas relacións cos homes da [[Lliga Regionalista]] e con [[Cambó]]. Nesa época comezou a súa vida turbulenta, con duelos cos redactores de ''El Radical''. En 1911 colaborou tamén en ''[[Mi Tierra (Ourense)|Mi Tierra]]'' de [[Ourense]].
 
[[Ficheiro:Luis Antón del Olmet 1909.jpg|miniatura|175px|Luis Antón del Olmet, retrato en ''[[Vida Gallega]]'', 1909.]]
En 1912 iniciou a súa carreira política, pasou a inspirar o maurismo agrario de [[Padrón]], colaborando con artigos ideolóxicos en ''[[El Barbero Municipal]]'', semanario conservador de [[Rianxo]]. Un ano máis tarde publica ''El hidalgo don Tirso de Guimaraes'' con portada de [[Castelao]].
 
Nas eleccións de marzo de 1914, como premio ao seu labor, consegueconseguiu unha acta de deputado por [[Almería]] militando ás ordes de [[Eduardo Dato]]. Para afianzar a súa lealdade á situación fundafundou o 1 de abril ''[[El Parlamentario]]'', do que foi director xerente, voceiro dos intereses do seu xefe político fronte a liberais e mauristas irredentos; aquí publicaron os seus amigos Castelao, [[Fernández Flórez]], [[Francisco Camba]] e Basilio Álvarez. En 1916 apareceu en ''El Parlamentario'', quincenalmente a folla [[Acción Gallega (revista)|Acción Gallega]], dirixida polo propio Basilio.
 
Colaborou co agrarismo de Acción Gallega e en febreiro de 1917 tiña o proxecto de sacar á luz en Ourense o periódico ''[[La Raza (Ourense)|La Raza]]'' con Basilio Álvarez como director. O seu nome soou como candidato agrario de Acción Gallega e da Conxunción Republicano-Agrario-Socialista para as eleccións de febreiro de [[1918]] por Celanova, pero desistiu ante a presentación de [[Luís Porteiro Garea]] como candidato rexionalista. Descartado Celanova, barallou presentarse polo distrito de Trives. A principios de febreiro chegou a [[Ourense]] para facer campaña<ref>Noticia en ''[[El Ideal Gallego]]'', 16-2-1918, p. 1.</ref>. Finalmente optou por intentar a representación do distrito de Verín; puxo en marcha ''La Raza'' como órgano de propaganda, e fixo campaña na [[comarca de Verín]] con Basilio Álvarez e [[Heriberto Pérez Proenza]], para finalmente resultar derrotado o 24 de febreiro polo candidato conservador [[Luis Espada Guntín]]<ref>No seu libro ''Galicia, llora'' fai o relato destas andanzas como candidato popular.</ref>.
94.154

edicións