Canadá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
corrección ortográfica
Liña 123:
O Canadá é o segundo maior país, en área territorial, do mundo. Moito do Canadá localízase en rexións árticas, porén, e así sendo, o Canadá posúe apenas a cuarta maior cantidade de área arable do mundo, perdendo para a Rusia, [[China]] e os Estados Unidos. Mentres que o Canadá ocupa unha área maior de que os EUA, posúe apenas un nono da súa poboación. Cerca de metade do país está cuberto por [[bosque]]s boreais.
 
Cerca do 60% da poboación do país vive na rexión dos [[Grandes Lagos, América do Norte|Grandes Lagos]]/Val do [[río San Lourenzo]]. Ao norte desta rexión densamente habitada localízase o ''Canadian Shield'', que se estende ao longo do norte do país, cubrindo preto do 55% do Canadá. O solo da rexión fora pesadamente [[erosión|erosionado]] por [[xeeira]]s e [[vento]]s fortes na [[Idade do xelo|Idade do xeo]]. Este solo caracterízase por estar constituído por rochas extremamente duras, e por ser rico en minerais. Cerca do 60% dos [[lago]]s e 40% da auga doce do mundo están contidas dentro dos límites territoriais do país.
 
A [[Terra Nova]], a [[illa]] máis occidental da América do Norte, localízase na foz do [[golfo do San Lourenzo]], o maior estuario do mundo. Xa as provincias de [[Novo Brunswick]] e [[Nova Escocia]] están divididas pola [[Baía de Fundy]], lugar onde ocorren as maiores variacións de [[marea]]s. Na rexión tamén se localiza a [[Illa do Príncipe Eduardo]], a menor provincia do Canadá.