Béla Kun: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 10:
[[Ficheiro:Bela.Kun.Revolution.1919.jpg|miniatura|esquerda|Béla Kun durante a revolución de 1919.]]
 
Volto a [[Hungría]], liderou o levantamento revolucionario contra o presidente Károlyi. Foi brutalmente torturado o que fixo que fose admirado como un heroe polas masas populares de esquerdas. En [[1919]] dirixiu un réxime socialista proclamado como [[República Soviética Húngara]] o [[21 de marzo]]. Realizou reformas no dereito de propiedade e nacionalizou o sector financeiro, a industria e o transporte.
 
Impuxo, así mesmo, o que se denominou o terror roxo tras o intento de golpe de estado contrarrevolucionario do [[24 de xuño]]. En política exterior chegou a impoñer un réxime comunista en [[Eslovaquia]] e embarcouse nunha guerra con [[Romanía]] por mor de recuperar os territorios arrebatados tras a disolución do [[Imperio Austrohúngaro]] cuxo fracaso foi factor decisivo para a súa caída o [[1 de agosto]].