Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 249:
Tanto en Atenas como en Esparta non tardaron en formarse faccións contrarias ao tratado de paz. Foi o ateniense [[Alcibíades]] quen se dedicou incansablemente a socavar o poder espartano por toda a Grecia e no mesmo Peloponeso, e forzou a ruptura con motivo dun conflito menor. [[Axis I|Axis]], rei dos espartanos, ofreceu unha nova tregua, pero un exército confederado penetrou deica o corazón do Peloponeso e tomou [[Texea]], na [[Arcadia]], non lonxe de Esparta. O enfrontamento era inevitábel e o propio Axis logrou unha resoante vitoria en [[Mantinea]]. En Atenas, foron moitas as voces contrarias a Alcibíades pero ao cabo foi o artífice do xiro da política ateniense e do novo rumbo que tomou a guerra.
 
=== A Guerraguerra en Sicilia ===
Os gregos en [[Sicilia]] e na [[Magna Grecia]] prosperaran moito pola súa grande actividade mercantil, aínda que toparon moi cedo cos [[Cartago|cartaxineses]] e máis os [[etrusco]]s. Unha proba tivérona os [[focense]]s, que deixaran as súas costas despois das loitas cos persas, e ao tratar de se establecer na illa de [[Córsega]], tiveron que loitar cunha frota combinada de etruscos e cartaxineses. Aínda que venceron, limitou para sempre as súa expansión cara ao oeste e nunca chegaron alén de Massalia ([[Marsella]]) e a súa zona de influencia, como foron as colonias no Levante hispano.