Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 242:
Despois disto, considerouse que Atenas mantivera unha política defensiva e que era preciso tomar a iniciativa. Nun principio, esta política deu os seus froitos, máis resoantes que efectivos, pero induciron aos contendentes a tentar buscar unha saída a un conflito esgotador. Mentres tanto, Nicias tomara Corcira e a illa de Citerea, e deste xeito o Peloponeso veuse arrodeado por prazas nas que a Confederación estaba ben asentada
 
=== A Pazpaz de Nicias ===
Nese intre de eclipse para a causa peloponesa, Esparta atopou un home excepcional na persoa do xeneral [[Brásidas]], que dirixiu todos os seus esforzos a subtraer Tracia e os territorios do norte do bando ateniense. Conseguiuno e Atenas pediu unha tregua dun ano. Brásidas non deixou de forzar máis defeccións da causa da Confederación e, pasado o ano, atenienses e espartanos enfrontáronse en [[Anfípolis]], onde pereceron tanto Cleón como Brásidas, e Atenas foi derrotada.