Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xeografía: Mileto, Grecia
Liña 149:
O empurre conquistador dos persas viuse freado a causa dos problemas internos que ofrecía un imperio tan vasto, problemas que Darío logrou resolver e aprestouse a invadir Europa, para someter os [[escita]]s, pobo do sur da actual Rusia. Os xonios axudaron a Darío a construír unha ponte con barcas a través do [[río Ister]]. O propósito de Darío era regresar ao [[Irán]] polo [[Cáucaso]], pero en vista das dificultades, tentou de volver polo mesmo camiño. O ateniense [[Milcíades]] propuxo desmantelar a ponte e os persas castigaron a rebelión que se produciu nas cidades helespónticas e someteron as costas tracias, penetrando na [[Reino de Macedonia|Macedonia]]. Tamén foron ocupadas as illas de [[Imbros]] e [[Lemnos]] no Exeo setentrional.
 
[[Histeo]], [[tirano]] de [[Mileto, Grecia|Mileto]], a quen os persas deberían estar agradecidos por ter evitado o desmantelamento da ponte de barcas, foi chamado á corte de Darío. Acompañouno o seu xenro [[Aristágoras]], quen propuxo unha expedición naval contra a illa de [[Naxos]], elo importante para o dominio do Exeo e cabeza da ponte para un posible desembarco na Grecia continental. Esta proposta foi desestimada e Aristágoras cambiou de bando axiña, intrigando para unir as faccións antipersas de todas as cidades xónicas. Despois, erixido en paladín das liberdades gregas, trasladouse a Grecia en busca de aliados e conseguiu o apoio de Atenas e mais da [[Eritrea]].
 
Animados por este clima antipersa, apoderáronse de [[Sardes]], capital da [[satrapía]] xónica e incendiárona. Caria e Chipre sumáronse á rebelión. Os persas reaccionaron lanzando unha grande ofensiva contra os xonios. Os focos de rebelión foron reducidos un a un e o encontro decisivo foi a batalla naval na illa de [[Lade]], xunto Mileto no que a frota xónica foi derrotada e Mileto foi saqueada.