Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Xeografía: Mileto, Grecia
Liña 21:
A '''Grecia insular''' poderíase dividir nas illas de maior extensión, situadas a norte e sur do Mar Exeo, e tamén fronte ás costas da Grecia continental e da [[Anatolia]] e os grupos de illas menores, distribuídas nos [[arquipélago]]s das [[Cícladas]] e as [[Espóradas]], que forman un arco entre aquelas e a illa de [[Rodas]]. As máis principais das illas gregas no Mar Exeo, e de norte a sur, son: [[Tasos]], [[Samotracia]], [[Imbros]], [[Lemnos]], [[Lesbos]], [[Ikos]], [[Esciros]] e [[Quíos]]. A máis extensa é a de [[Eubea]], xunto das costas da [[Beocia]] e da [[Ática]]. Fronte da Ática atópanse as illas de [[Illa de Salamina|Salamina]] e [[Exina]]. Do arquipélago das Cícladas forman parte, entre as principais, [[Andros, Grecia|Andros]], [[Tenos]], [[Keos]], [[Paros]], [[Naxos]], [[Melos]], [[Íos]] , [[Amorgos]], [[Astipalea]] e [[Santorini|Tera]]. As Espóradas están formadas por [[Illa de Samos|Samos]], [[Icaria]], [[Calimna]] e [[Cos, Grecia|Cos]]. Deben considerarse á parte as illas de maior tamaño, [[illa de Creta|Creta]], [[Rodas]] e [[Chipre]]. Entre o [[Peloponeso]] e Creta está [[Citerea]] e entre Creta e Rodas están as illas de [[Cárpatos]] e [[Kasos]].
 
A "'''periferia grega'''" componse dunha serie de rexións na bacía do [[mar Exeo]] que estiveron plenamente [[helenismo|helenizadas]] e que viñan a ser coma enclaves en territorios bárbaros. Así, nas costas setentrionais habería diversas cidades gregas, cun territorio máis ou menos extenso, na [[Propóntide]] ([[Mar de Mármara]]) e nas costas da [[Frixia (rexión)|Frixia]] e da [[Tracia]]. Nesta última estaba moi helenizada a [[península Calcídica]]. Nas costas de [[Asia Menor]], fronte á illa de Lesbos deica a Illa de Rodas, poderían considerarse na Antigüidade tan gregas como os territorios a outro lado do Exeo. Eses territorios estaban nucleados arredor das cidades como [[Pérgamo]], [[Elea]], [[Esmirna]], [[Clazomenas]], [[Éfeso]], [[Mileto, Grecia|Mileto]] ou [[Cnido]] e os seus arredores non diferían moito da Grecia continental, con costas recortadas e clima mediterráneo húmido, aínda que neles desembocarían ríos de certa importancia que viñan da Anatolia como son o [[Escamandro]] e o [[Meandro]].
 
== A Prehistoria ==