Rato knockout: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Os ratos knockout son importantes modelos animais para a experimentación no estudo da función de xenes que xa foron secuenciados pero dos que se descoñece as súas funcións. Facendo que se inactive deste modo un determinado xene no rato, e observando as diferenzas entre o comportamento ou fisioloxía normais e as que presenta despois do procedemento do knockout, os investigadores poden inferir a súa probable función.
 
Os ratos son actualmente a especie modelo máis próxima ao homeser humano na que pode aplicarse con maior facilidade a técnica do knockout. Son amplamente usados nas investigacións xenéticas sobre a fisioloxía humana. O [[knockout de xenes]] nas [[rata]]s é moito máis difícil ca en ratos e só leva realizándose desde 2003.<ref>[http://www.nature.com/news/1998/030512/full/news030512-17.html naturenews, 19 May 2003]</ref><ref>[http://molpharm.wisc.edu/Faculty/fac_pages/gould/Pub12754522.pdf Y Zan et al., Production of knockout rats using ENU mutagenesis and a yeast-based screening assay, Nat. Biotechnol. (2003).]</ref>
 
O primeiro rato knockout foi creado por [[Mario Capecchi|Mario R. Capecchi]], [[Martin Evans]] e [[Oliver Smithies]] en 1989, e por eses traballo foron galardoados co [[Premio Nobel de Medicina]] en 2007. En moitos países foron patentados diversos aspectos da tecnoloxía para xerar ratos knockout e os propios ratos knockout por compañías privadas.