Alpes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Límites xerais: arranxiños
Liña 73:
* O val do [[río Ródano]] supón a marcada separación en sentido sur-norte entre os Alpes Occidentais e o [[Macizo Central|Macizo Central Francés]] ata onde recibe as augas do [[río Isère]]. A partir de aquí o Isère segue os límites alpinos ata o cóbado de Voiron, onde unha liña sur-norte dunha treintena de quilómetros enlaza de novo o Ródano á altura da desembocadura do Guiers. Neste punto e ata o [[lago Léman]] na beira dereita do Ródano atópase a [[cordilleira do Xura]].
* Unha paisaxe pouco accidentada a uns 500 [[Nivel medio do mar|msnm]] enlaza en trinta quilómetros o lago Lemán co de [[Lago de Neuchâtel|Neuchâtel]], a partir do cal o [[río Aar]] fai de fronteira dos Alpes e o Xura ata que desemboca no [[Río Rin|Rin]].
* A [[Selva Negra]] queda separada dos Alpes polo Rin e o [[Lagolago Constanza]], pero a delimitación exacta é posiblemente máis ao leste, ao sur de [[Baviera]], onde a cordilleira alpina perde progresivamente altura ata converterse nunha gran extensión de outeiros coñecida como os Prealpes bávaro.
* Unha vez en [[Austria]] o [[Río Danubio|Danubio]] transcorre polo norte dos Alpes e sepáraos da maior parte da [[Selva de Bohemia]], aínda que algunhas pequenas zonas ao sur do Danubio pertencen xeoloxicamente ao macizo bohemio. A [[Selva de Viena]], no suroeste da cidade, supón o extremo nororiental dos Alpes xa que na outra beira do Danubio, a unha cincuentena de quilómetros de Viena, atópanse os [[Montes Cárpatos|Pequenos Cárpatos]].
* A [[plana Panónica]] constitúe a fronteira oriental dos Alpes entre Viena e [[Eslovenia]].
* A parte máis suroriental da cadea alpina atópase en territorio esloveno, onde os vales que enlaza a autoestrada A1 pódense tomar de referencia de división entre os últimos macizos alpinos e os primeiros dos [[Alpes Dináricos]].