Santa Baia de Castro, Coristanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 14:
|entidades = 10
}}
'''Santa Baia de Castro''' é unha parroquia que se localiza no oeste do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Coristanco]] na [[comarca de Bergantiños]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 347 habitantes: #183 mulleres e 164 homes# distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando contaba con 354 habitantes. Segundo o [[IGE]], no 2014 a súa poboación descendera ata os 292 habitantes, sendo 145 homes e 147 mulleres.
==Toponimia==
 
Séguense as propostas de Fernando Cabeza Quiles e Xosé Pumar Gándara. Para este último o nome da parroquia procede dunha santa traída de Mérida polos mozárabes. O nome de Eulalia é grego e en Galicia acadou tanta devoción que se crearon varios haxiónimos para ela. En galego, o nome de Eulalia coñécese como Baia.
Outros topónimos poderían ser: Castro que claramente fai alusión a un recinto fortificado propio da época prerromana; O Batán pode proceder do latín co significado de bater, golpear e esa parece ser a finalidade destas construcións destinadas a mazar a roupa tecida nos teares artesanais caseiros.
A Carambola, co significado de pedra ou rocha, aludiría a un territorio con abundancia das mesmas.
O Cercedo parece ser un fitónimo e aludiría á abundacia de cereixas.
A Igrexa fai referencia ao punto no que se asenta o tempo parroquial.
Lumián tería un significado relacionado co lume e Pedralta cun asentamento próximo a unha pedra.
Lume de Cova estaríanos a falar dun lume ou fogar situado nunha cova; en tanto que Lume de Suso viría a ter o mesmo significado pero a segunda parte viría a referirse a que está arriba ou no alto en referencia a unha antiga vivenda alí emprazada que ben puideran ser as do veciño castro do seu nome.
==Patrimonio==
A igrexa de Santa Baia de Castro, que foi constituída en [[1736]] segundo se aprecia na fachada, está considerada como un bo exemplo do estilo [[barroco]].