Guitarra eléctrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Mastro: corrixo *ademáis
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Mastro: corrixo
Liña 34:
=== Mastro ===
[[Ficheiro:Bolt on neck.jpg|miniatura|Mastro aparafusado nunha guitarra eléctrica.]]
Está feito dunha ou varias pezas de madeira, e ten no seu interior unha barra de aceiro ou outro material moi resistente, chamada ''alma'', para contrarrestar a tensión das cordas. Ademais a alma conta cun parafuso nun dos seus extremos que permite axustar a curvatura do mastro. O mastro ou mango únese ao corpo pegado, que é a técnica tradicional, ou ben aparafusado, técnica popularizada polo constructorconstrutor de guitarras Leo Fender. Actualmente para o pegado do mango empréganse colas sintéticas, pero tamén se seguen a empregar, xeralmente de forma artesana, colas naturais a base de coláxeno animal.
 
Un elemento fundamental no mastro dunha guitarra é a pestana, que consiste nunha pequena peza colocada entre o caravilleiro e o comezo do diapasón, no que se apoian as cordas. Ten uns sucos do tamaño das mesmas que permite que estas queden fixas na súa posición. Para fabricar este elemento, emprégase [[óso]] de forma tradicional sendo aínda hoxe o material máis utilizado, non obstante nas últimas décadas apareceron elementos novidosos como o latón, o grafito ou outros materiais sintéticos de menor difusión.
Liña 40:
Sobre o mango atópase o diapasón, que é onde se apoian os dedos ao tocar e sobre el se colocan as cordas de forma lonxitudinal. Xeralmente se empregan madeiras duras na súa fabricación, coma o [[ébano]] ou o pau rosa, aínda que ás veces o atopamos feito de [[pradairo]] ou incluso de outras madeiras.
 
Sobre o diapasón e en perpendicular ás cordas atópanse os trastes; pequenas barras metálicas de diversas aleaciónsaliaxes que entran en contacto coa corda ao apoiar nela os dedos. A súa función é acortar a parte da corda que entra en vibración para poder afinar as diferentes notas de forma precisa.
 
Outro elemento que aparece habitualmente no diapasón son os marcadores de posición, que son marcas nos trastes impares agás nos trastes 11 e 13 e que marcan tamén o traste 12 (oitava). Serven como referencia visual para o instrumentista. Poden ser uns sinxelos puntos pero tamén existen guitarras con deseños ornamentais. No pasado adoitaban ser de [[nácara]] ou [[marfil]], pero actualmente a maioría son de [[plástico]].