Picapeixe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 38:
Vive en boa parte de [[Europa]], [[Asia]] e noroeste de [[África]]. Falta en [[Islandia]], norte de [[Escocia]], norte de [[Escandinavia]] e [[Siberia]] e tamén en zonas de alta montaña. Hai poboacións illadas no leste de [[Indonesia]] e en [[Melanesia]]. No centro e oeste de Europa é unha ave sedentaria, pero cara ó leste vaise facendo migratoria, aínda que este aspecto da súa conduta esta pouco estudado.
 
Viven en zonas de augas limpas con poboacións de peixes pequenos e sitios axeitados para pousarse durante a espreita, con preferencia polas zonas acuáticas ben rodeadas de árbores. Habita preto de ríos, regos e lagos e, ás veces, de zonas acuáticas artificiais coma estanques e canais. Fora da época de cría poden aparecer á beira do mar. Fan os niños en ribeiras de difícil acceso ou en raíces de arbores grandes caídas ben cubertas de terra. Poden aproveitar furados feitos polo homeser humano.
 
== Sistemática ==