Ovo (alimento): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/resumo
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Os '''ovos''' son un alimento de orixe animal, procedente das aves domésticas, e particularmente da [[galiña]]. Interésannos sobre todo como [[alimento]], ó ser un ingrediente fundamental en calquera [[cociña]], admitindo numerosas formas de preparación. Poden utilizarse como ingrediente principal ou como complemento en distintos pratos.
 
Son un dos alimentos máis consumidos polo homeser humano e a súa produción constitúe un sector [[gandería|gandeiro]] específico, a [[avicultura]], de considerable importancia económica.
 
A efectos legais, e de acordo coa regulamentación europea vixente, só pode aplicarse a denominación de ovos ós da especie ''Gallus gallus'', sen romper, incubar nin cocer, e aptos para o consumo humano directo ou trala súa transformación en ovoprodutos. Quere isto dicir que a denominación xenérica de '''ovos''' debe aplicarse unicamente ós procedentes da galiña, mentres que para os doutras aves deberá especificarse na denominación a especie de procedencia. A práctica totalidade dos ovos comercializados, tanto en [[Galicia]] como no resto de [[España]], son de galiña, mentres que os de [[paspallás]], [[pato|pata]], [[pavo|pava]] ou [[ganso]] apenas chegan ó 0,1%<ref>''[http://mediorural.xunta.es/consellaria/aea2004.php Anuario de Estatística Agraria 2004''].</ref>.