Rancho La Brea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 28:
Estas filtracións lévanse producindo dende fai decenas de milleiros de anos. De cando en vez, o asfalto forma depósitos o suficientemente consistentes como para atrapar os animais, quedando a superficie cuberta con capas de auga, po ou follas. Os animais chegarían vagando, quedarían atrapados na poza, e acabarían por morrer. Os depredadores tentarían apresar os animais capturados no piche resultando tamén entrampados.
 
Os pozos de brea que existen actualmente foron escavados polo homeser humano. O meirande era orixinalmente unha mina de asfalto. Os outros pozos fixéronse entre o 1913 e o 1915, cando foron escavados máis de 100 pozos na procura dos ósos de grandes mamíferos do [[Plistoceno]]. Distintas combinacións de asfalto e auga asolagan estes buratos. Normalmente o asfalto xorde de gretas, endurecendo ó aflorar e formando montículos que se poden ver en varias zonas do parque.
[[Ficheiro:La Brea Tar Pits.jpg|miniatura|300px|Descrición dalgunhas especies nunha ilustración de [[Charles R. Knight]] (1921).]]
Os ósos dos animais mortos, ó afundir e penetrar neles o asfalto, tórnanse dunha cor marrón escura ou negra. As fraccións máis lixeiras do petróleo evapóranse quedando unha substancia máis sólida, que preserva os ósos. [[Fósil]]es de grandes mamíferos foron extraídos do alcatrán, pero tamén se recuperaron microfósiles: madeira e plantas, ósos de roedores, insectos, moluscos, po, sementes, follas, e mesmo grans de pole. Expóñense no museo George C. Page algunhas mostras destes achados.