Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], a lagoa de Truk foi a base principal do Imperio Xaponés no teatro do Pacífico Sur. Truk era unha base fortificada para as operacións xaponesas contra as forzas aliadas en [[Nova Guinea]] e as [[Illas Salomón]], que servía de ancoraxe para a armada imperial xaponesa.
 
A lagoa de Truk considerouse como a máis formidable de todas as fortalezas xaponesas no Pacífico. Nas distintas illas, do Departamento de Enxeñería Civil e Departamento de Construción Naval xaponeses construíron camiños, trincheiras, búnqueres e covas. Cinco pistas de aterraxe, bases de hidroavións, unha estación torpedos para barcos, talleres de reparación de submarinos, un centro de comunicacións e unha estación de radar construíronse durante a guerra. A protección destas instalacións eran canóns de defensa costeira e emprazamentos de mortero. A [[guarnición]] xaponesa tiña 27.856 homes da [[Armada Imperial Xaponesa]], baixo o mando do [[vicealmirante]] Masami Kobayashi, e o [[Chuichi Hara|vicealmirante Chuichi Hara]] e 16.737 homes do [[Exército Imperial Xaponés]], baixo o mando do [[Maior xeneral]] Kanenobu Ishuin.<ref>{{cite web|first1=Akira |last1=Takizawa |first2=Allan |last2=Alsleben |url= http://www.dutcheastindies.webs.com/japan_garrison.html |title=Japanese garrisons on the by-passed Pacific Islands 1944–1945 |date=1999–2000 |work=Forgotten Campaign: The Dutch East Indies Campaign 1941–1942}}</ref> Debido ás súas fortificacións, tanto naturais como feitas polo homeser humano, a base en Truk era coñecido polas forzas aliadas como "o [[Xibraltar]] do Pacífico".<ref>{{cite book |last1=Costello |first1=John |title=The Pacific War, 1941–1945 |date=1982 |publisher=Quill |location=New York |isbn=978-0-688-01620-3}}</ref><ref name="live-adventurously1">{{cite web|url=http://www.live-adventurously.com/truk-lagoon-and-the-lost-japanese-ghost-fleet/ |title=Truk Lagoon and the Lost Japanese Ghost Fleet – The Adventure Couple |publisher=Live-adventurously.com |date=2012-03-08 |accessdate=2013-11-21}}</ref>
 
Unha parte significativa da frota [[Xapón]]esa baseouse en Truk, co seu centro administrativo en Tonoas (sur de Weno). A [[Armada Imperial Xaponesa]] ancorou na [[lagoa]], [[acoirazado]]s, [[portaavións]]s, [[cruceiro]] s, [[destrutor]]es, [[tanqueiro]]s, [[buque de carga]], [[remolcador]]es, [[cañoneiras]]s, [[dragaminas (barco)|dragaminas]], [[lanchas de desembarco]] e [[submarino]]s. Algúns describiron Truk como equivalente xaponés do [[Pearl Harbor]] dos americanos.<ref name="live-adventurously1" />
7.964

edicións