Anser: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 48:
Os gansos domésticos de hoxe día descenden todos de dúas especies: as razas do [[Europa|oeste de Europa]], do [[ganso bravo]] (''Anser anser''), e as razas [[Asia|asiáticas]] do [[ganso cisnoide]] ou ganso chinés (''Anser cygnoides'').
 
Estes dous parentes salvaxes dos gansos domésticos son orixinarios das zonas temperadas do [[hemisferio norte]]. O ganso bravo, o máis meridional dos gansos que se reproducen en [[Europa]], conservouse polo [[ser humano|home]] desde a época do [[neolítico]]. É o antepasado da maior parte das razas europeas de gansos.
 
O ganso cisnoide é orixinario de [[China]] e [[Mongolia]]. A pesar que foi domesticado hai uns 3 000 anos, en estado salvaxe segue a ser unha das especies de aves acuáticas subárticas menos estudadas.
Liña 58:
O ganso chinés pode ser facilmente distinguíbel do europeo pola presenza dunha protuberancia na base do peteiro, aínda que os híbridos entre ambas as especies poden presentar unha gradación para a presenza e o tamaño da protuberancia.<ref name=faob>Buckland, R. & Guy, G. (2002): ''Goose Production''. Chapter 1: [http://www.fao.org/DOCREP/005/Y4359E/y4359e03.htm Origins and Breeds of Domestic Geese]. FAO.</ref>
 
Os gansos domésticos foron seleccionados para ter un maior tamaño corporal que os seus parentes silvestres. Así, o ganso doméstico pode pesar até 10 kg, mentres que os silvestres chegan só até os 3,5 ou 4,1 kg, segundo as especies.<ref name="hbw">Carboneras, C., del Hoyo, J., Elliott, A., & Sargatal, J., eds. ''Handbook of Birds of the World'' Vol. 1: 581. Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 84-87334-10-5</ref> Este incremento no tamaño corporal afectou tamén á estrutura xeral do corpo, de modo tal que mentres que os gansos salvaxes teñen unha postura horizontal do tronco e o extremo posterior delgado, os gansos domésticos —ao depositaren gran cantidade de graxa cara á cola— presentan un extremo posterior máis gordo e pesado, o que os obriga a ter unha postura máis vertical. Ademais, esta característica tamén impide que os gansos domésticos poidan voar.<ref name=hbw />
 
Durante a domesticación tamén foron seleccionados para que incrementaran a súa fecundidade. De feito, as femias dos gansos domésticos poñen até 160 [[ovo (bioloxía)|ovos]] por ano, mentres que as especies de ganso silvestre só poñen de 5 a 12.<ref name=fao /> <ref name=hbw />