Cabalo de pura raza galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 34:
Este tronco común foise diferenciando ao longo dos séculos polas condicións ambientais e a intervención de procesos de mestizaxe dando orixe ás diversas razas afíns á galega que se espallan pola fachada atlántica europea dende [[Portugal]] ata [[Escocia]] e [[Islandia]].
 
Malia vivir tradicionalmente en réxime de liberdade nas áreas montañosas do relevo galego, principalmente en grupos ou mandas, o cabalo galego foi explotado polo homeser humano na antigüidade como animal de combate, e posteriormente destinado á montura e ós labores rurais, sendo en menor medida, polas características da súa [[carne]], empregado tamén para a produción cárnica e o consumo.
 
Coa mecanización da [[agricultura]] e o interese preferente por aumentar a poboación de animais destinados á produción de carne, nas últimas décadas do [[século XX]] a poboación de cabalo de monte xeneticamente pura viuse minguada por mor de procesos de mestizaxe. Neste contexto, cara a finais da década de [[1980]], a iniciativa de diversos organismos internacionais como [[Nacións Unidas]] e a [[FAO]] ou a entón [[CEE]], promovéronse nas instancias de política agraria diversas iniciativas destinadas á protección e conservación das razas domésticas en perigo de extinción<ref>Pose e col. 2001.</ref>.