Mergullo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Electrolito > electrólito.
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
As técnicas de apnea e SCUBA con [[aire]] pertencen á categoría [[Deporte|deportiva]] ou recreativa. As técnicas SCUBA con mestura de [[gas]]es ([[nitróxeno]], [[helio]], [[trimix]]) e SSD considéranse dentro da categoría de [[mergullo técnico]] ou [[mergullo profesional|profesional]] debido ao risco e nivel de preparación requirido polo mergullador que as emprega. O mergullo deportivo limítase en xeral aos -40 [[m]] de profundidade (aínda que en apnea poden acadar profundidades máis importantes), mentres que o [[mergullo profesional]] con mesturas especiais permite acadar profundidades de -100 m ou máis.
 
O mergullo en apnea consiste nas técnicas e habilidades para realizar inmersións mantendo a [[respiración]] despois dunha profunda inspiración en superficie. Pode practicarse sen ningún equipo especial, pero a configuración deportiva actual consta dunha máscara apropiada, aletas, tubo de respiración ou snorkel, lastre e se é necesario un traxe de material termo-illante. É a forma de mergullo máis sinxela e máis antiga empregada polo homeser humano, aparece en diversas rexións e culturas para explotar fontes de alimento (como peixes, crustáceos e moluscos), recursos útiles (algas, esponxas, corais) e recursos de valor cultural ou económico (perlas).
 
O mergullo SCUBA consiste no almacenamento de aire a [[presión]] nunha botella que é transportada polo mergullador, o que lle permite a este ir respirando o aire almacenado durante un tempo de autonomía considerable. Ademais do equipo básico, require dunha botella de almacenamento do aire, un arnés, un mecanismo de flotabilidade —integrado o arnés e o sistema de flotabilidade reciben o nome chaleco hidrostático, chaleco de flotabilidade ou BCD (acrónimo inglés de ''Buoyancy Compensation Device'')—, un sistema de válvulas, un sistema de lastre, tubos e embocadura(s) que conforman o que se denomina regulador na súa forma máis básica; pero os estándares de seguridade requiren unha serie de "reloxos" que lle permitan saber a que profundidade e canto aire ten, profundímetro e manómetro