Diferenzas entre revisións de «Benetússer»

sen resumo de edición
(engado control de autoridades)
Sem resumo de edição
 
== Historia ==
O lugar que ocupa Benetúser, do mesmo xeito que o resto da Horta Valenciana, é probable que estivese moi poboado polo homeser humano durante os tempos prehistóricos. Ao atoparse o municipio nunha zona de gran fertilidade, os diferentes pobos que pasaron pola península disputáronse a súa posesión, por iso foi conquistada e dominada polos [[iberos]], [[Cartago|cartaxinenses]], romanos, godos e árabes. Hai indicios que indican que este lugar era unha centuria romana, aínda que non hai datos que demostren a permanencia de dominadores con carácter de habitantes no que hoxe é o pobo de Benetúser, pero é indubidable que houbo vivendas illadas e celeiros, casas de apeiros etc. Nestas vivendas residían individuos destinados ao coidado das facendas, tanto [[Fenicio|fenicias]], como [[Imperio Romano|romanas]] ou [[godo|godas]]. Até a chegada dos árabes, en que coa construción da casa Babot, en [[1250]], iniciouse o movemento de poboación con carácter de permanencia aínda que en limitadas proporcións.
 
A primeira constancia da vila data de [[1250]] cando o municipio aparece apuntado no ''Llibre do Repartiment'', código no que se detalla a repartición de terras despois da conquista de [[Xaime I de Aragón|Xaime I]], como ''Benitúzem'', forma composta de Beni- (plural de ''Ibn'', fillo de) e Túzem (antigo topónimo de [[Tunisia]]).
7.964

edicións