Natureza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Expoliar > espoliar.
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 101:
Aínda que non exista un consenso universal sobre a definición da vida, os científicos, en xeral, aceptan que a manifestación biolóxica da vida caracterízase polos seguintes factores ou funcións: organización, [[metabolismo]], crecemento, adaptación, resposta a estímulos e [[reprodución]]<ref>{{Cite web | year = 2006 | url = http://www.calacademy.org/exhibits/xtremelife/what_is_life.php | title = Definition of Life | publisher = California Academy of Sciences | accessdate = 2007-01-07 }}</ref>. Os seres vivos (plantas, animais, fungos, protistas, archaea e bacterias) teñen estas propiedades comúns: están constituídos por [[célula]]s, teñen unha organización complexa baseada na [[auga]] e no [[carbono]], teñen un metabolismo e a capacidade de medrar, responder a estímulos e reproducirse. Por iso, considérase que unha entidade que reúna estas propiedades está viva.
Dun xeito máis simple, tamén pode considerarse a vida como o estado característico dos organismos. Aínda así, non todas as definicións que hai sobre a vida consideran esenciais todas estas propiedades; tamén se emprega o termo "vida" no caso de formas análogas creadas polo homeser humano, e entón fálase de "[[vida artificial]]". A [[biosfera]] é a parte da capa máis externa da Terra, incluíndo o [[aire]], a terra, as rochas superficiais e a auga. É nesta parte onde se desenvolveu a vida, e onde se realizan e transforman os procesos bióticos. Dende unha visión xeofísica moi ampla, a biosfera é o sistema ecolóxico global que integra a todos os seres vivos e as súas relacións, incluíndo a súa interacción cos elementos da litosfera (rochas), a hidrosfera (auga), e a atmosfera (aire). Na actualidade, estímase que a Terra contén preto de 75.000 millóns de toneladas (uns 6,8 x 1.013&nbsp;kg) de [[biomasa]], presente en varios ambientes dentro da biosfera .<ref>Vegeu, per ex., {{Cita libro |last=Leckie |first=Stephen |year=1999 |chapter=How Meat-centred Eating Patterns Affect Food Security and the Environment |chapterurl=http://www.idrc.ca/en/ev-30610-201-1-DO_TOPIC.html |title=For hunger-proof cities : sustainable urban food systems |publisher=International Development Research Centre |location=Ottawa |id=ISBN 0-88936-882-1}}, i prenen com a pes mitjà global la xifra de 60 kg, la biomassa humana total és el pes mitjà multiplicat per la població humana actual d'aproximadament 6.5 milions (vegeu, 'per ex., {{Cite web |title=World Population Information |url=http://www.census.gov/ipc/www/world.html |data-acceso=28 de setembro de 2006 |publisher=U.S. Census Bureau}}): La biomassa total de tota classe d'éssers vius s'estima que està per sobre de 6.8&nbsp;x&nbsp;10<sup>13</sup>&nbsp;kg (75 billions de tones)</ref>.
 
Preto de nove décimas partes da biomasa da terra é de orixe vexetal, da cal depende a supervivencia da vida animal.<ref>{{Cite web |first=Peter V. |last=Sengbusch |title=The Flow of Energy in Ecosystems - Productivity, Food Chain, and Trophic Level |work=Botany online |publisher=University of Hamburg Department of Biology |url=http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/e54/54c.htm |data-acceso=23 de setembro de 2006}}</ref>. Ata a data, identificáronse máis de 2 millóns de especies de plantas e animais<ref>{{Cite web |last=Pidwirny |first=Michael |year=2006 |work=Fundamentals of Physical Geography (2nd Edition) |title=Introduction to the Biosphere: Species Diversity and Biodiversity |url=http://www.physicalgeography.net/fundamentals/9h.html |data-acceso=23 de setembro de 2006}}</ref>, as estimacións realizadas sobre a cantidade real de especies existentes varían entre uns poucos millóns e máis de 50 millóns de especies.<ref>{{Cite web |url=http://faculty.plattsburgh.edu/thomas.wolosz/howmanysp.htm |title=How Many Species are There? |work=Extinction Web Page Class Notes |data-acceso=23 de setembro de 2006}}</ref><ref>"Animal." World Book Encyclopedia. 16 vols. Chicago: World Book, 2003. This source gives an estimate of from 2-50 million.</ref><ref>{{Cite web |url=http://www.sciencedaily.com/releases/2003/05/030526103731.htm |title=Just How Many Species Are There, Anyway? |publisher=Science Daily |year=2003 |data-acceso=26 de setembro de 2006 }}</ref>
Liña 160:
[[Ficheiro:Na Pali Coast - Kauai.jpg|miniatura|dereita|250px|<center>
Nos vales aillados, ao longo da costa de Na Pali na illa de [[Hawaii]], viven tribos que alteran moi pouco a natureza que os rodea]]
Aínda que os seres humanos actualmente representan, aproximadamente, só un 0,5% da biomasa de vida total da Terra<ref>http://www.wilderness.org/Library/Documents/Beauty_Quotes.cfm Na beleza da natureza, A sociedade do ermo ''en inglés''</ref><ref>http://www.emersoncentral.com/beauty.htm Análise de Ralph Waldo Emerson sobre a beleza ''en inglés''</ref>, o efecto da súa actividade sobre a natura é desproporcionadamente grande. Debido ao alcance da influencia humana, os límites entre o que se considera a natureza e o que son os ambientes creados polo homeser humano non son claros, agás nos polos. E ata nos polos, a cantidade de ambiente natural que é libre de toda influencia humana está diminuíndo actualmente a un ritmo cada vez máis rápido, ou, segundo algúns, xa desapareceu. De feito, a especie humana é a única que modifica conscientemente a contorna para adapta-la ás súas necesidades, no canto de cambiar para asumir os cambios do ambiente.
 
O desenvolvemento da [[tecnoloxía]] pola humanidade permitiu unha maior explotación dos [[recursos naturais]] e axudou a paliar parte dos riscos que xeran os [[Risco natural|perigos naturais]]. Malia isto, aínda así, o destino da civilización humana está estreitamente ligado aos cambios no medio ambiente. Existe un complexísimo sistema de retroalimentación entre o uso da tecnoloxía adiantada e os cambios no [[medio ambiente]], que só agora se están comezando a entender, e moi lentamente<ref>http://www.lbl.gov/Science-Articles/Archive/ESD-feedback-loops.html Feedback Loops In Global Climate Change Point To A Very Hot 21st Century ''en inglés''</ref>.