Dena, Meaño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m mudo contido sen verificar por datos
Sen resumo de edición
Liña 4:
'''Dena''' é unha parroquia do concello de [[Meaño]] na [[provincia de Pontevedra]]. Conta con 12 entidades de poboación nas que viven
2.222 persoas (1.087 homes e 1.135 mulleres) segundo datos do padrón municipal de habitantes de 2005. Extensión: 5,33 Km².
Límites: Castrelo (Cambados), Padrenda e Xil ó Norte, Vilalonga (Sanxenxo) e a Ría de Arousa ó Oeste, Xil, Meaño e Lores ó Este e Nantes (Sanxenxo) ó Sur.
Situada na parte baixa do Concello, a Parroquia de Dena configúrase como a de maior extensión e a única en contacto co mar. Os seus principais accidentes costeiros son as praias de Fianteira, Seixiños e A Chanca, esta última onde desemboca o río co mesmo nome.
O paso da estrada comarcal C-550 permitiu un importante desenvolvemento socioeconómico da parroquia, especialmente do núcleo urbán de Dena, onde se congregan algunhas das máis importantes empresas da zona, así como un cada vez máIs crecente sector de servicios.
En Dena poderemos disfrutar da boa gastronomía en calquera dos numerosos asadores que combinan a carne con algúns dos mellores mariscos da zona.
A festividade de Santa Lucía, avogada da vista, que se celebra o 13 de decembro, a paisaxe da ría ó atardecer, e as súas numerosas mostras de arte rural son algúns dos atractivos da parroquia, ademáis dos magníficos viños da zona.